Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Opsonina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Acción das opsoninas: unha célula fagocítica recoñece as opsoninas na superficie dun antíxeno, grazas aos seus receptores Fc.

As opsoninas son moléculas que se encontran no soro sanguíneo, que actúan como receptores na superficie das células que facilitan a fagocitose ou activan o sistema do complemento.[1] O termo opsonina úsase principalmente para referirse aos aos anticorpos IgG, que cobren as membranas das células e facilitan a fagocitose ao expoñeren os extremos Fc de ditos anticorpos ás células fagocíticas, que teñen receptores para eles. As IgM tamén se consideran opsoninas, xa que activan o sistema do complemento, aínda que non son efectivas na activación da fagocitose, porque as células fagocíticas non teñen receptores Fc específicos para as IgM. Ás veces tamén se chaman opsoninas ás moléculas que se unen á célula para a súa destrución a través da acción das células asasinas naturais (NK). As opsoninas son moléculas séricas, que recobren o antíxeno ou microbio e funcionan unha ponte entre o antíxeno e o fagocito.

Foron descubertas en 1903 por Almroth Wright, que describiu como a fagocitose era reforzada por anticorpos específicos (é dicir, as opsoninas). O seu nome procede do grego opson, condimento. Cando unha célula ou antíxeno está cuberto de opsoninas dise que está opsonizado, e o fenómeno denomínase opsonización.

Mecanismo

[editar | editar a fonte]

Tanto a membrana das células fagocíticas coma a das células que van ser fagocitadas teñen carga negativa, o que fai, en principio, difícil que as dúas células se acheguen demasiado. Unha vez que as opsoninas se unen á súa célula diana, a carga negativa superficial queda enmascarada, aínda que non desaparece. A opsonina o que fai é simplemente superar esa carga, facendo que lles sexa máis fácil aos leucocitos levar a cabo a fagocitose. Durante o proceso de opsonización, os antíxenos están rodeados de anticorpos (ou de moléculas do complemento). As células fagocíticas expresan receptores Fc cos que se unen ás moléculas dos anticorpos, e receptores CR1 (e CR2 e CR3), que se unen ao C3b do complemento.[2][3] Cando o antíxeno está cuberto por opsoninas a unión dos fagocitos ao antíxeno se ve moi facilitada.[4] De feito, na maioría dos casos a unión dos fagocitos aos antíxenos non pode ocorrer sen que se produza opsonización.[5]

Ademais da fagocitose, a opsonización do antíxeno e a súa unión aos fagocitos causa un aumento da expresión dos receptores para o complemento nos fagocitos veciños.

Para loitar contra as bacterias resistentes a antibióticos e aumentar a capacidade fagocítica do sistema inmunitario contra elas desenvolvéronse opsoninas artificiais construídas a partir de conxugados multivalentes de poli(L-lisina)-g-poli(etilén glicol) con vancomicina e IgG-Fc humanas.[6]

Exemplos de moléculas opsoninas son:

  1. The Free Dictionary - Opsonin
  2. Julius M. Cruse, Robert Edwin Lewis. Atlas of Immunology. Google books. [1]
  3. Jacqueline Stanley. Essentials of Immunology and Serology. Google books. [2]
  4. D L Gordon and J L Rice. Opsonin-dependent and independent surface phagocytosis of S. aureus proceeds independently of complement and complement receptors. Immunology. 1988 August; 64(4): 709–714. PMCID: PMC1384995 [3]
  5. Delves, P. J.; Martin, S. J.; Burton, D. R.; Roit, I. M. (2006), Roitt's Essential Immunology (11th edición), Malden, MA: Blackwell Publishing, ISBN 1405136030.
  6. Katzenmeyer KN, Bryers JD. Multivalent artificial opsonin for the recognition and phagocytosis of Gram-positive bacteria by human phagocytes. Biomaterials. 2011 Jun;32(16):4042-51. doi: 10.1016/j.biomaterials.2011.02.007. PMID 21388677. [4]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  • MeshName Opsonins [5]
  • Roles of phagocytosis. Washington.edu [6]