Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Orlando Ramón Agosti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaOrlando Ramón Agosti

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento22 de agosto de 1924 Editar o valor en Wikidata
San Andrés de Giles, Arxentina (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte6 de outubro de 1997 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio Jardín de Paz de Pilar Editar o valor en Wikidata
Comandante en xefe
24 de marzo de 1976 – 25 de xaneiro de 1979 – Omar Graffigna (en) Traducir →
Jefe del Estado Mayor General de la Fuerza Aérea (en) Traducir
1975 – 1979 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónMilitary Aviation School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, oficial Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1944 Editar o valor en Wikidata -
Carreira militar
Rama militarForza Aérea Arxentina Editar o valor en Wikidata
Rango militarXeneral Editar o valor en Wikidata
ConflitoGuerra sucia en Arxentina Editar o valor en Wikidata
Outro
Condenado porCrime de lesa humanidade Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Agosti-2 Find a Grave: 26406239 Editar o valor en Wikidata

Orlando Ramón Agosti, nado en San Andrés de Giles (provincia de Buenos Aires) en 1924 e finado en Buenos Aires o 7 de outubro de 1997, foi un militar arxentino, membro do Proceso de Reorganización Nacional que gobernou de facto o seu país entre 1976 e 1983 tralo golpe de estado que derrocou á presidenta María Estela Martínez de Perón.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Agosti ingresou en 1947 como alférez da Escola Militar de Aviación. En 1951 tomou parte na frustrada intentona que liderou Benjamín Menéndez contra Juan Domingo Perón; entre esta e a Revolución Libertadora estivo exiliado en Montevideo. A súa carreira militar levouno, co grao de brigadier, á representación diplomática en Estados Unidos e logo na Junta Interamericana de Defensa cara a 1972.

En 1975 recibiu de mans da presidenta o nomeamento de comandante xeneral da Forza Aérea Arxentina. Só tres meses máis tarde, xunto ao tenente xeneral Jorge Rafael Videla polo Exército Arxentino e o almirante Emilio Eduardo Massera pola Armada Arxentina deron o golpe. Escurecido polos seus compañeiros na Xunta, foi o menos implicado nas accións de goberno, e en especial na represión ilegal. En 1979 o brigadier Omar Graffigna substituíuno á fronte da Forza Aérea.

Xulgado trala restauración da democracia, Agosti foi declarado culpable en oito casos de tortura e roubo, e sentenciado a catro anos e seis meses de prisión e destituído do seu cargo. A Corte Suprema de Xustiza, nun fallo polémico, reduciu a pena a tres anos e nove meses de prisión; entrou nela o 24 de outubro de 1984 e cumpriu a súa pena no penal de Magdalena. Procesado aínda polo delito de rebelión, non sería liberado ata maio de 1989. En 1993 solicitou xudicialmente a restitución do seu grao militar, petición que a xustiza lle denegou.

É o único militar que participou na represión ilegal que cumpriu integramente a pena imposta no Xuízo ás Xuntas por esa causa.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]