Partido Regionalista de Cantabria
Partido Regionalista de Cantabria | |
---|---|
Acrónimo | PRC |
Tipo | partido político español |
Ideoloxía | rexionalismo, liberalismo social, autonomismo territorial e Liberalismo |
Data de fundación | 1978 |
Presidente/a | Miguel Ángel Revilla (-) |
Sede | Santander |
País | España |
Na rede | |
http://www.prc.es | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Partido Regionalista de Cantabria (PRC) é un partido político español de carácter rexionalista cántabro cuxo ámbito territorial circunscríbese á comunidade autónoma de Cantabria.
Historia e caracterísiticas
[editar | editar a fonte]A orixe do partido áchase na Asociación para la Defensa de los Intereses de Cantabria (ADIC), fundada o 14 de maio de 1976, co obxectivo de impulsar a vocación autonomista cántabra. En 1978, cando se pechaba o mapa das pre-autonomías de España, do que Cantabria quedaba á marxe, no seo da ADIC propúxose a creación dun partido rexionalista e independente, que promovese a autonomía de Cantabria, e concorrese ás eleccións municipais de 1979.
O 10 de novembro de 1978, nacía o Partido Regionalista de Cantabria, fundado por Miguel Ángel Revilla Roiz, Manuel Izquierdo Nozal, José Luis Oria Toribio, Eduardo Obregón Barreda e mais Juan José García González.
Desde 2003 o secretario xeral do PRC, Miguel Angel Revilla, é presidente de Cantabria mercé a formación dunha coalición co PSOE/PSC.
Resultados electorais
[editar | editar a fonte]Eleccións ao Parlamento de Cantabria
[editar | editar a fonte]Ano | Eleccións | Candidato | Votos | % de votos | Escanos | Posición |
---|---|---|---|---|---|---|
1983 | Eleccións á Asemblea Rexional de Cantabria de 1983 | Eduardo Obregón Barreda | 18.842 | 6.79% | 2 | 3 |
1987 | Eleccións á Asemblea Rexional de Cantabria de 1987 | Eduardo Obregón Barreda | 37.950 | 12,86% | 5 | 3 |
1991 | Eleccións á Asemblea Rexional de Cantabria de 1991 | Miguel Ángel Revilla Roiz | 19.064 | 6,35% | 2 | 4 |
1995 | Eleccións á Asemblea Rexional de Cantabria de 1995 | Miguel Ángel Revilla Roiz | 46.527 | 14.55% | 6 | 4 |
1999 | Eleccións ao Parlamento de Cantabria de 1999 | Miguel Ángel Revilla Roiz | 42.896 | 13.51% | 6 | 3 |
2003 | Eleccións ao Parlamento de Cantabria de 2003 | Miguel Ángel Revilla Roiz | 67.003 | 19.39% | 8 | 3 |
2007 | Eleccións ao Parlamento de Cantabria de 2007 | Miguel Ángel Revilla Roiz | 98.655 | 28.87% | 12 | 2 |