Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Perilinfa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Perilinfa
Sección transversal da cóclea. A perilinfa está localizada na scala vestibuli e scala tympani, as rexións acuosas das partes superior e inferior do diagrama.
Sección transversal da canle semicircular e ducto mostrando o espazo perilinfático.
Latín perilympha

A perilinfa é un fluído extracelular corporal localizado dentro da cóclea ou caracol do oído interno en dous dos seus tres compartimentos: a scala tympani (escala timpánica) e a scala vestibuli (escala vestibular). A composición iónica da perilinfa é comparable á do plasma sanguíneo e o líquido cefalorraquídeo. O principal catión (ión cargado positivamente) da perilinfa é o sodio (Na+). Os valores das concentracións de ións sodio e potasio na perilinfa son 138 mM e 6,9 mM, respectivamente.[1]

Localización

[editar | editar a fonte]

O oído interno divóidese en dúas partes: labirinto óseo e labirinto membranoso. O labirinto membranoso está dentro do labirinto óseo, e contén un fluído chamado endolinfa. Entre a parede externa do labirinto membranoso e a parede do labirinto óseo está o espazo perilinfático, que contén a perilinfa. O labirinto membranoso está suspendido na perilinfa. A perilinfa do labirinto óseo está comunicada co líquido cefalorraquídeo do espazo subaracnoide por medio do conduto perilinfático.[2]

Composición e función

[editar | editar a fonte]

A perilinfa e a endolinfa teñen composicións iónicas peculiares, axeitadas ás súas funcións de regular electroquimicamente os impulsos das células ciliadas fonorreceptoras. O potencial eléctrico da endolinfa é ~80-90 mV máis positivo que o da perilinfa debido á maior concentración de potasio (K+) que de sodio (Na+).[3]

Importancia clínica

[editar | editar a fonte]

Suxeriuse que a perilinfa e a endolinfa participan nun fluxo unidireccional que está interrompido na enfermidade de Ménière.

  1. Bosher SK, Warren RL (1968-11-05). "Observations on the electrochemistry of the cochlear endolymph of the rat: a quantitative study of its electrical potential and ionic composition as determined by means of flame spectrophotometry". Proceedings of the Royal Society B 171 (1023): 227–247. PMID 4386844. doi:10.1098/rspb.1968.0066. 
  2. Blumenfeld, Hal (2010). Neuroanatomy through Clinical Cases second edition. Sinauer Associates, Inc. 
  3. Konishi T, Hamrick PE, Walsh PJ (1978). "Ion transport in guinea pig cochlea. I. Potassium and sodium transport". Acta Otolaryngol 86 (1–2): 22–34. PMID 696294. doi:10.3109/00016487809124717. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]