Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Protopunk

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Proto-punk»)
Protopunk
Orixe musicalgarage rock, surf rock, hard rock
Orixe culturalmediados dos 60 en Estados Unidos e o Reino Unido
Instrumentos típicosguitarra, baixo, batería, teclados, pandeireta, harmónica
Derivadospunk rock - post-punk
Subxéneros
glam punk - garage punk - punk blues

Protopunk é un termo usado de xeito restrospectivo para describir un feixe de músicos que foron importantes precursores do punk rock a mediados dos 70 e posteriormente, ou aqueles que foron citados polos primeiros músicos punk como influencias. Normalmente esas bandas non se consideran a si mesmas punk; ademais, esta categorización non naceu como resultado dun xénero musical distinto, xa que eses precursores procedían dun abano bastante amplo de estilos.

Artistas estadounidenses coma The Velvet Underground, MC5, The Stooges, The Sonics, New York Dolls, Lou Reed, Television, Captain Beefheart, Patti Smith, Richard Hell e Rocket from the Tombs, e británicos coma David Bowie, The Kinks, The Who, Roxy Music, Doctors of Madness e Hawkwind son comunmente citados coma as máis destacadas influencias no punk rock.