Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Reino de Alxeciras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaReino de Alxeciras

EpónimoTaifa de Alxeciras e Ronda
Localización
Datos históricos
Creación1344 Editar o valor en Wikidata
Disolución1369 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata

O reino de Alxeciras aparece tras a anexión en 1344 do reino meriní de Alxeciras á Coroa de Castela por parte de Afonso XI, despois de estar sitiada entre 1341 e 1344, cando se rendiu.[1]

Reinos taifas contra 1031.

Desde ese momento o título de "Rei de Alxeciras" figurou entre os títulos dos monarcas casteláns, e até a actualidade faino entre os títulos da Coroa de España. Con todo tras a morte de Afonso XI mentres cercaba Xibraltar en 1350, grazas ao enfraquecemento que sufría a Coroa de Castela polas loitas dinásticas que sufría, Muhammed V de Granada puido cercar e reconquistar a cidade en 1369.[1]

O rei nazarí reconstruíu as súas murallas e repoboouna, pero en 1379 comprendendo que Castela xa se repuxo das súas loitas internas e que non podería conservar a cidade moito tempo, preferiu destruíla a que volvese a mans castelás.

Tras a destrución de Alxeciras o territorio do seu antigo reino pasou a pertencer sucesivamente a Tarifa, a Xerez da Fronteira e finalmente a Xibraltar, tras a súa conquista definitiva en 1462.[1]

  1. 1,0 1,1 1,2 Mellado (1851), p. 84

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Mellado, Francisco de Paula (1851). Enciclopedia moderna: Diccionario Universal de Literatura, Ciencias, Artes, Agricultura, Industria y Comercio, Vol. 2 (en castelán). Madrid: Establecimiento Tipográfico de Mellado.