Rinia
Rinia | |
---|---|
Ρήνεια | |
rinia desde Delos | |
Localización da illa | |
Situación | |
País | Grecia |
Periferias de Grecia | Exeo Meridional |
Arquipélago | Cícladas |
Mar | Mar Exeo |
Coordenadas | 37°25′N 25°13′L / 37.417, -25.217Coordenadas: 37°25′N 25°13′L / 37.417, -25.217 |
Xeografía | |
Superficie | 13´904 km² |
Longura máxima | 7´5 km. |
Largura máxima | 3´5 km. |
Punto máis alto | 136 m. |
Demografía | |
Poboación | Deshabitada |
Rinia o Rhenea grego: Ρήνεια é unha illa grega nas Cícladas. Atópase xusto ao oeste da illa de Delos da que lle separa unha canle duns 700 metros de anchura, e aínda máis ao suroeste da illa de Mykonos a 9 km, da que dependen administrativamente. A súa superficie é de 14 km². Tiña unha pequena poboación ata a década de 1980, pero actualmente está deshabitada. Tamén é denominada Gran Delos.
A orientación de Rinia é de norte a sur, cunha lonxitude de 8 km. Componse de dúas partes unidas entre elas por un istmo de 1´2 km de largo por 70 m de longo no seu punto máis estreito. Ten unha superficie total de 13´9 km². O seu punto culminante, situado na parte norte, alcanza os 136 m.
Na Antigüidade, foi conquistada por Polícrates de Samos e dedicouse ao culto de Apolo Delio. Tiña unha cidade do mesmo nome que a illa: Renea.
Servía de necrópole aos delios e de refuxio para as mulleres que estaban a piques de parir, pois o carácter sagrado de Delos prohibía que alí tivesen lugar nacementos e defuncións.[1][2]
Ata un pasado recente, estaba habitada por apenas unha vintena de persoas. Actualmente está deshabitada.
Referencias
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rinia |