Robert Crippen
Aparencia
(Redirección desde «Robert L. Crippen»)
Robert Laurel Crippen, nado en Beaumont (Texas) o 11 de setembro de 1937, é un astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-1, STS-7, STS-41-C e STS-41-G. Pasou un total de 23,57 días no espazo.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Crippen é graduado en enxeñería aeroespacial pola Universidade de Texas en 1960.[1]
Converteuse en astronauta da NASA en setembro de 1969. Foi membro do soporte dos astronautas das misións Skylab 2, 3, 4 e durante a misión ASTP. Foi piloto da misión STS-1, a primeira misión do transbordador espacial, así como comandante das misións STS-7, STS-41-C e STS-41-G. Pasou un total de 23,57 días no espazo.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2019). "Crippen, Robert Laurel 'Crip'" (en inglés). Consultado o 26 de maio de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Robert Crippen |