Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Sociedade Deportiva Villestro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «SD Villestro»)
Villestro
NomeSociedad Deportiva Villestro
Alcume(s)SD Villestro; Villestro;SD
Fundación1983
EstadioA Barrosa
Santiago de Compostela (A Coruña) Galiza
Inauguración2010
Capacidade200
PresidenteGalicia Jesús Conde Míguez
AdestradorGalicia
Liga1ª Autonómica − Grupo 2
2015−1616.º (Preferente − Grupo Norte)
Na rede
http://www.sdvillestro.com/
Titular
Alternativo

A Sociedade deportiva Villestro é un club de fútbol galego, da parroquia de Santa María de Villestro, pertencente ao concello de Santiago de Compostela. Foi fundado en 1983 e actualmente xoga no grupo II da Primeira Autonómica de Galicia.

O 7 de agosto de 1983 a Federación Galega de Fútbol aceptaba a solicitude de afiliación do Club así como a petición de ser incluído en competicións oficiais asignándolle o número 1.405. O 18 de agosto de 1983 preséntase na Delegación de Santiago o primeiro boletín de afiliación, quedando deste xeito inscrito na competición.

Con todo preparado para o debut xurdiu un inconveniente, o campo de fútbol non estaba en condicións para albergar ningunha competición, polo que os primeiros encontros terían que xogarse no campo de fútbol de Brión. O 10 de outubro de 1983 a S.D. Villestro disputou o seu primeiro partido oficial perante o Rial, acadando a vitoria por un marcador de 8-1.

Unha vez consolidado o equipo afeccionado, barallouse a posibilidade de crear categorías inferiores que surtiran ó primeiro equipo de efectivos. Así, na tempada 1986-87, crearíase o primeiro equipo infantil da historia da S.D. Villestro. No seu primeiro encontro oficial contra o Feiraco-Negreira lograría a vitoria por 3-1, acadando esa mesma tempada os títulos de Liga e Copa, así como o Diploma á Deportividade.

O 10 de agosto de 1987 solicitábase por escrito ante a Federación a incursión do equipo xuvenil na competición oficial, polo que na tempada 1987-88 apareceu o primeiro equipo xuvenil da historia do Club.

Logo de catro anos que (1989-1993) en que o club permaneceu completamente inactivo, na tempada 1993-94 a S.D. Villestro retornou á competición oficial. Creouse unha nova Directiva da man de Jesús Conde, abríndose deste xeito unha nova etapa no Villestro chea de ilusión á vez que de escepticismo e cos obxectivos claros de fomentar o deporte na parroquia e que non rematase todo como na etapa anterior. Dende entón a SD Villestro creou varios equipos de fútbol base. Na actualidade pose unha das canteiras mais potentes da cidade de Santiago sendo un claro referente para un futuro moi próximo.

  • Uniforme titular: Camiseta Azul, pantalóns brancos e medias branquiazuis.
  • Uniforme alternativo: Camiseta vermella, pantalóns negros e medias negras.

A SD Villestro xoga os seus partidos como local no campo da Barrosa con capacidade para 200 espectadores. O campo foi inaugurado o 6 de febreiro do 2011. Co obxecto de responder ás necesidades da parroquia de Villestro, onde se vén desenvolvendo unha intensa actividade futbolística dende hai anos, o Concello construíu un novo campo de herba artificial que substitúe ao anterior de area. As dimensións do campo son de 105 x64 metros.

A SD Villestro dispón de polo menos un equipo en cada unha das categorías do fútbol base. Estes equipos están formando cada ano a xogadores de fútbol de gran nivel, chegando incluso a marchar a equipos como os filiais do Deportivo da Coruña ou SD Negreira. Esta canteira alimenta dende fai ano a maioría das ligas de Santiago. A SD Villestro dispón de equipos tanto en fútbol sala como en fútbol campo en tódalas súas categorías.

Fútbol Sala

[editar | editar a fonte]
  • Equipos Categoría Prebexanmín 1º ano: 2
  • Equipos Categoría Prebexanmín 2º ano: 2
  • Equipos Categoría Bexanmín : 2
  • Equipos Categoría Alevín: 1

Fútbol Campo

[editar | editar a fonte]
  • Fútbol -7
    • Equipos Categoría Benxanmín : 1
    • Equipos Categoría Alevín : 2
  • Fútbol -11
    • Equipos Categoría Infantil : 1
    • Equipos Categoría Cadete : 1
    • Equipos Categoría Xuvenil : 2
    • Equipos Terceira Rexional : 1
    • Equipos Segunda Rexional : 1 (Primeiro Equipo e máximo expoñente da SD Villestro).

En resumo, o Villestro traballa aproximadamente, con 160 nenos nas categorías de fútbol base (dende Prebenxamín ata Xuvenil) e con máis de 30 xogadores nas categorías superiores.

Logros Deportivos

[editar | editar a fonte]

Tempada 1986/87

  • O equipo infantil proclámase :
    • Campión de Liga
    • Campión da Copa
    • Acada o Trofeo á Deportividade

Tempada 1998/99

  • O equipo alevín de fútbol-7 proclámase Subcampión de Liga e disputa o Campionato Galego da modalidade.

Tempada 1999/00

  • O equipo infantil proclámase :
    • Campión de Liga
    • Campión da Copa

Tempada 2000/01

  • O equipo afeccionado proclámase Campión de Liga e acada o ascenso de categoría (a 2ª Rexional)
  • O equipo xuvenil proclámase :
    • Subcampión de Liga
    • Campión da Copa

Tempada 2002/03

  • O equipo afeccionado proclámase Campión de Liga e acada o ascenso de categoría (a 2ª Rexional)
  • O equipo xuvenil proclámase :
    • Campión de Liga
    • Campión da Copa
    • Participa na Fase de Ascenso a Liga Galega Xuvenil
  • O equipo cadete proclámase :
    • Subcampión de Liga
  • O equipo alevín fútbol-7 proclámase :
    • Subcampión de Liga

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]