Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Santa Coloma d'Andorra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaSanta Coloma d'Andorra
Imaxe

Localización
Mapa
 42°29′38″N 1°29′52″L / 42.4939, 1.4977
PaísAndorra
Paróquia (pt) TraducirAndorra la Vella Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación3.002 (2016) Editar o valor en Wikidata
Lingua oficiallingua catalá Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Altitude970 m Editar o valor en Wikidata
Creación839 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postalAD500 Editar o valor en Wikidata

Santa Coloma d'Andorra, oficialmente Santa Coloma[1], é un núcleo de poboación do Principado de Andorra situado na parroquia de Andorra la Vella. En 2009 tiña 2.994 habitantes.[2]

Igual que do resto da parroquia, os datos históricos conservados son moi xerales. No século X foi cambiasa por Borrell II por outros territorios na Cerdanya e o Alt Urgell, posesións do bispo de Urgell. Foi a primitiva parroquia de Andorra, como aparece na acta de consagración de La Seu d'Urgell (1007) na que se cita Andorra cum Sancta Columba.

A localidade é moi coñecida pola súa igrexa parroquial prerrománica de Santa Coloma, xa citada no 839, co campanario cilíndrico que constitúe a súa característica máis destacada. O conxunto histórico de Santa Coloma, coas súas igrexas de Santa Coloma e Sant Vicenç d'Enclar, foi proposto como Patrimonio da Humanidade en 1999 na categoría de patrimonio cultural.[3]

Santa Coloma d'Andorra é a sede do arciprestado de Andorra. Nela atópase a sede social de varias institucións da igrexa andorrana, como por exemplo Càrites.

  1. Servei de Política Lingüística (Govern d'Andorra), ed. (20 de outubro de 2010). "Aprobado o Nomenclátor de Andorra". Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2012. Consultado o 30 de novembro de 2010. 
  2. Departament d’Estadística d'Andorra (ed.). "Població per poble". Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2016. Consultado o 30 de novembro de 2010. 
  3. UNESCO World Heritage Centre, ed. (22/02/1999). "Ensemble historique de Santa Coloma". Consultado o 3 de novembro de 2011.