Sépidos
Sepíidos / Sépidos Sepiidae | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Sepia officinalis | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||
|
Os sepíidos ou sépidos (Sepiidae, Leach, 1817) son unha familia de moluscos cefalópodos pertencente á orde dos Sepiida. As súas especies coñécense cos nomes de sepias, xibas ou chocos, entre outros.[1][2] Os dimuntivos chopiño e choquiño aplícanse a especies da familia dos sepiólidos (Sepiolidae), doutra orde irmá, a dos Sepiolida.
Descrición
[editar | editar a fonte]As sepias teñen o corpo ovalado e máis ou menos deprimido dorsoventralmente. O manto está rodeado por dúas expansións laterais a modo de aletas que abanean para moverse no seu ambiente. Das súas dez patas de decápodo, ou raxos,[3] equipadas con ventosas (ou botóns),[4] oito son brazos, de pequena lonxitude, e as outras dúas, moito máis longas e retráctiles, tentáculos rematados en senllas mazas ou paletas con moitas ventosas desiguais, utilizados na defensa e na reprodución.[2]
Este animais teñen os ollos cunha pupila moi desenvolvida, en forma de W.
Teñen unha gran capacidade para camuflarse xa que poden cambiar a súa cor dependendo da do fondo sobre o que están.
No interior do manto teñen unha ampla cuncha ovalada, a bolsa da tinta ou borra,[5] que expulsan cando se senten ameazados.
Os tamaños destes moluscos van desde os 5 cm dos chopiños máis pequenos, pasando polos 90 cm da sepia común (Sepia officinalis) até os 120 cm que miden as especies máis desenvolvidas.
Bioloxía
[editar | editar a fonte]Os sepíidos aliméntanse de cangrexos, camaróns, pequenos peixes, vermes acuáticos, pequenos polbos e outros moluscos, e son xeralmente predados por golfinos, tiburóns, grandes peixes, focas e outras sepias.
En liberdade viven en xeral un ou dous anos.
Durante a reprodución, se un macho é rexeitado pola femia, ou escorrentado por outros machos dominantes, tende a copular, porán, asumindo a mesma coloración das femias, acercarse ás mesmas sen levantar sospeitas delas ou dos machos dominantes para, por sopresa, fecundar a unha.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Segundo o World Register of Marine Species a familia comprende seis xéneros:[6]
Aínda quer outras clasificacións reducen es número a tres:[7]
Filoxenia
[editar | editar a fonte]Este é un caldograma da familia, segundo Catalogue of Life:[7]
Sepiida |
| |||||||||||||||
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Sépidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Sépidos |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Ramonell, Rosa (1985): Guía dos moluscos de Galicia. Vigo: Xerais. ISBN 84-7154-506-3.
- Ríos Panisse, Mª del Carmen (1977): Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. I Invertabrados y peces. Verba, Anejo 7. Santiago: Universidad de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-008-X.