Estevo Uroš I
Nome orixinal | (sr) Стефан Урош I |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1220 (Gregoriano) valor descoñecido |
Morte | 1 de maio de 1277 (56/57 anos) Mosteiro de Sopoćani, Serbia |
Lugar de sepultura | Mosteiro de Sopoćani 43°07′05″N 20°22′26″L / 43.1181, 20.3739 |
Relixión | Igrexa ortodoxa serbia |
Actividade | |
Campo de traballo | Goberno, política e monkish life (en) |
Ocupación | gobernante, Eastern Orthodox monk (en) |
Carreira militar | |
Conflito | Q16081607 |
Familia | |
Familia | Casa de Nemanjić |
Cónxuxe | Helena de Anjou |
Fillos | Q85999528, Brnjača, Estevo Dragutin, Estevo Uroš II Milutin |
Pais | Estevo Nemanjić e Anna Dandolo |
Irmáns | Komnena Nemanjić Estevo Vladislav I Sava II de Serbia Estevo Radoslav |
Estevo IV Uroš I Nemanjić, Estevo Uroš I ou Stefan Uroš I (en serbio latino Stefan Uroš I, en serbio cirílico Стефан Урош I), nado contra 1223 e finado o 1 de maio de 1277, foi rei de Serbia desde 1243 até 1276[1], sucedendo ao seu irmán Estevo Vladislav.
Atribúeselle a construción do Mosteiro de Sopoćani, declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO[2].
Seguindo a tradición da Dinastía Nemanjić, otourgouse o título de Stefan.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Uroš I era o fillo máis novo de Estevo II Nemanjić Prvovenčani (o Primeiro Coroado) e Ana Dandolo, a neta de Enrico Dandolo, dux de Venecia.
Na primavera de 1243 os serbios rebeláronse contra o rei Estevo Vladislav I, que foi derrocado e substituído polo seu irmán máis novo Estevo Uroš I. Pese a iso, crese que Uroš mantivo boa relación co seu irmán, e que lle permitiu gobernar o Principado de Zeta ou, en calquera caso, non o apartou completamente dun papel activo no goberno[3].
O reinado de Uroš coincidiu co declive de dous dos rivais principais de Serbia nos Balcáns, o Despotado de Epiro e o Segundo Imperio búlgaro. Isto fixo que Serbia se convertera nunha influente potencia na zona, axudada por un importante desenvolvemento económico.
Un dos principais motivos deste crecemento foi a explotación das minas de prata de Brskovo e Rudnik, en gran parte levada a cabo por mineiros saxóns de Hungría[4], que gozaban de certo nivel de autogoberno e liberdade de culto.
Uroš emprendeu durante o seu reinado varias accións militares contra os estados veciños. En 1252-1253 enfrontouse a Ragusa e, pouco despois, o seu intento de facer valer a súa autoridade sobre Zahumlia conduciu ao príncipe local a unha alianza cos húngaros, converténdose no seu vasalo para buscar protección. Tamén Ragusa fixo valer a súa alianza cos búlgaros, que invadiron o territorio serbio en 1254. Finalmente, Uroš I alcanzou varios acordos por separado para manter a paz cos seus veciños.
Durante a segunda metade da década de 1260 estalou unha nova guerra con Ragusa, que concluíu cun tratado, asinado en 1268, segundo o cal Serbia ofrecía a súa protección aos ragusanos a cambio de compensacións económicas. Este acordo mantívose en vigor durante todo o século seguinte.
Nese mesmo ano, o rei serbio invadiu as posesións de Hungría ao sur do Danubio en Mačva, no que hoxe é o norte de Serbia. A pesar dalgúns éxitos iniciais, Uroš I foi capturado polos húngaros e obrigado a comprar a súa liberdade. Ambos os reinos asinaron un tratado de paz, e o fillo de Uroš, Dragutin, casou con Catarina, a filla do futuro rei Estevo V de Hungría[5].
Ao final do seu reinado, Uroš suprimiu a autonomía de Zahumlia, retirando o título aos príncipes locais. Ademais, as súas discrepancias co seu fillo máis vello, Dragutin, levárono a considerar ao seu outro fillo, Milutin, como seu herdeiro, pese a que se comprometera cos húngaros a que o herdeiro fose Dragutin[5]. Anoxado por isto, Dragutin exixiu ao seu pai que o asociase ao trono en 1276. Cando Uroš I se negou, Dragutin rebelouse e, coa axuda do rei de Hungría e de mercenarios cumanos, derrotou ao seu pai nunha batalla librada cerca de Gacko[6]. Estevo Uroš I viuse obrigado a abdicar e retirouse ao Mosteiro de Sopoćani, que edificara en Ras (cerca da moderna Novi Pazar), onde morreu en 1277.
Descendencia
[editar | editar a fonte]Coa súa esposa Helena de Anjou, princesa anxevina ou unha filla do emperador Latino de Constantinopla, Estevo Uroš tivo polo menos tres fillos:
- Estevo Dragutin, que o sucedeu como rei.
- Estevo Uroš II Milutin, que o sucedeu como rei en 1282.
- Brnjača, unha filla.
Predecesor: Estevo Vladislav |
Rey de Serbia 1243 – 1276 |
Sucesor: Estevo Dragutin |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Mitchell, Laurence. Bradt Travel Guide Serbia. Bradt Travel Guides, 2007. ISBN 978-1-84162-203-3, páx. 39
- ↑ Ćirković, páx. 58
- ↑ Foundation for Medieval Genealogy. Serbia (en inglés) Consultada o 8/2/2012.
- ↑ Petrović, Petar & Đurđekanović, Slađana (1995): Ancient mining and metallurgy in southeast Europe. Belgrado: Arheološki Institut, páx. 243
- ↑ 5,0 5,1 Ćirković, páx. 48
- ↑ Ćirković, páx. 49
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estevo Uroš I |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Ćirković, Sima M. (2004): The Serbs. Blackwell Publishing Ltd. ISBN 0-631-20471-7
- Fine, John V. A. (1994): The late medieval Balkans: a critical survey from the late twelfth century to the Ottoman Conquest. University of Michigan Press. Ann Arbor, Mich. ISBN 0-472-08260-4