Suðurnes
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
País insular | Islandia | ||||
Capital | Keflavík | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 27.829 (2020) (33,57 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 829 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 354 | ||||
ISO 3166-2 | IS-2 | ||||
Suðurnes (en galego: Rexión Suroccidental) é unha das oito Rexións administrativas de Islandia. Está situada ao suroeste do país e a súa capital é a cidade de Keflavík. A rexión está principalmente conectada co resto do país pola estrada 41 ao norte, que é unha das principais estradas do país e que a une directamente coa capital, Reiquiavik.
Nesta rexión se encontra o Aeroporto Internacional de Keflavík, o principal punto de entrada de Islandia. Tamén atopamos o balneario xeotermal de Bláa lónið.
Demografía
[editar | editar a fonte]Suðurnes ten unha poboación de 21.431 habitantes nunha extensión de 829 km², o que supón unha densidade de poboación de 25,9 hab./km², sendo unha das rexións máis densamente poboadas da illa. O seu centro administrativo é Keflavík, que tiña 7.000 habitantes ata que se fusionou coa veciña cidade de Njarðvík hai uns anos, conformando unha poboación de máis de 10.000 habitantes e converténdose na segunda poboación máis grande fóra da área metropolitana de Reiquiavik. En outubro de 2007, a cidade contaba cunha poboación de 13.000 habitantes.
Ano | Poboación | Porcentaxe da poboación islandesa |
1920 | 2.497 | 2,64 % |
1930 | 2.820 | 2,60 % |
1940 | 3.472 | 2,86 % |
1950 | 5.058 | 3,51 % |
1960 | 8.924 | 4,98 % |
1970 | 10.584 | 5,17 % |
1980 | 13.302 | 5,75 % |
1990 | 15.202 | 5,90 % |
2000 | 16.491 | 5,79 % |
2007 | 20.415 | 6,48 % |
Condados
[editar | editar a fonte]Na rexión de Suðurnes se encontra un dos vinte e trés condados de Islandia, o condado de Gullbringusýsla.
Municipios
[editar | editar a fonte]Suðurnes comprende os seguintes cinco municipios:
- Garður (1.542 habitantes)
- Grindavík (2.849 habitantes)
- Reykjanesbær (14.208 habitantes)
- Sandgerði (1.750 habitantes)
- Sveitarfélagið Vogar (1.215 habitantes)
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Península de Reykjanes.
-
O balneario xeotermal de Bláa Lónið.
-
A illa Eldey.
-
Faro de Stafnes
-
Faro de Holmbergs
-
Faro de Valahnúkur
-
Paisaxe á tardiña