Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Telibinus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Telepinu»)
Modelo:BiografíaTelibinus
Biografía
Nacementoséculo XVI a. C. Editar o valor en Wikidata
Hitita Editar o valor en Wikidata
Morteséculo XVI a. C. Editar o valor en Wikidata
Hitita Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeIštapariya Editar o valor en Wikidata
FillosḪarapšili II, Alluwamnas Editar o valor en Wikidata
PaiAmmunas Editar o valor en Wikidata

Telibinus, rei dos hititas, sucedeu ao seu cuñado Huzziyas I tras dar un golpe de estado, e gobernou durante un período estimado de 25 anos (-1525- -1500 ou -1495).

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Ao contrario que os seus antecesores, ao asumir ao trono non ordenou asasinar ao seu inmediato predecesor, senón que se conformou co seu desterro. Telibinus parece ter crido firmemente que unha das razóns da decadencia do reino hitita era o continuo derramamento de sangue dentro da familia real e propúxose evitalo custase o que custar.

En canto tivo asegurado a orde interna, Telibinus intentou obrigar ás cidades rebeldes que xurdiran durante os conflitos dinásticos a volveren á obediencia hitita, logrando éxitos sinalados, entre os que destacan varias campañas militares contra o reino de Kizzuwatna, que se formou na fronteira con Siria durante os tempos de Ammunas; estas campañas obrigaron a Kizzuwatna a asinar unha alianza con Telibinus.

Tras estes éxitos en política exterior, e debido ao probábel asasinato da súa muller e un dos seus fillos, Ammunas (ao que non hai que confundir co rei do mesmo nome), Telibinus centrouse en establecer unhas normas claras de sucesión que evitasen o derramamento de sangue. Estas normas, contidas no documento coñecido como Rescrito de Telibinus, establecen a primacía dos fillos homes sobre os xenros do rei, aínda que deixa liberdade a este para escoller cal de todos os seus fillos había sucedelo. O Rescrito é tamén un documento importante, xa que inclúe unha 'xustificación' con abundante material histórico, que axudou a establecer os feitos de monarcas anteriores.

Telibinus morreu sen deixar descendentes homes, así que, segundo as normas do seu propio Rescrito, o herdeiro foi un dos seus xenros, Alluwamnas.

Hititas

Segue a:
Huzziyas I
Telibinus
Precede a:
Alluwamnas
-