Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Atol Temoe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Temoe»)
Modelo:Xeografía políticaAtol Temoe
Imaxe

Localización
Mapa
 23°20′S 134°29′O / -23.33, -134.48
ColectividadePolinesia Francesa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie12 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario

Temoe ou Te Moe ás veces chamada Timo é un atol que depende administrativamente das Illas Gambier na Polinesia Francesa.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Temoe atópase a 50 km ao sueste de Mangareva. Atópase no extremo sueste do arquipélago das Tuamotu, a uns 37 km ao sueste das Illas Gambier e máis de 1700 km ao sueste de Mataiva, no outro extremo do arquipélago de Tuamotu.

De forma trapezoidal, ten 6´8 km de largo e 4´2 km de longo cunha área de 2´1 km² e unha lagoa de 12 km². As súas illas son baixas e planas, e a lagoa cunha profundidade máxima de 23 m. non ten ningún paso navegable para entrar nela. A 25 km ao oeste está un dos principais Arrecifes, o arrecife de Portland de 25 km. de longo, e situado a 10 m de profundidade.

A illa, adscrita administrativamente ás Illas Gambier,[1] está deshabitada de forma permanente.

A primeira mención dalgúns dos atois fixoa o navegante británico James Wilson en 1797, quen a bautizou como Crescent Island.

Está deshabitado desde 1838, cando os misioneiros trasladaron aos seus habitantes a Mangareva para a súa evanxelización.

Temoe está oficialmente deshabitada. Hai antigos restos arqueolóxicos polinesios neste atol solitario. A máis importantes son as estruturas dun templo (marae).[2]

Dise que bucaneiro Edward Davis podería chegar a Temoe e Mangareva en 1686. Pero non hai ningunha proba histórica deste feito.[3]

O primeiro rexistro europeo da chegada a Temoe foi o do navegante británico James Wilson no barco Duff en 1797. O capitán Wilson nomeou este atol "Crescent Island".[4]

En 1838 os misioneros cristiáns trasladaron a todos os habitantes de Temoe a Mangareva para axudar nos traballos de construción.[5]