O camiño segue e segue
Aparencia
(Redirección desde «The Road Goes Ever On»)
O camiño segue e segue | |
---|---|
Título orixinal | The Road Goes Ever On |
Autor/a | J. R. R. Tolkien (letra e texto principal) |
Ilustrador/a | J. R. R. Tolkien (decoracións das páxinas) |
Orixe | Reino Unido |
Lingua | Inglés |
Xénero(s) | Partituras |
Editorial | George Allen & Unwin Houghton Mifflin |
Data de pub. | 31 de outubro de 1967 (USA) 14 de marzo de 1968 (Reino Unido)[1] |
ISBN | ISBN 978-0007557271 |
[ editar datos en Wikidata ] |
O camiño segue e segue[2] (en inglés: The Road Goes Ever On) é un ciclo de cancións de 1967 que foi publicado como libro de partituras e como gravación de son. A música foi escrita por Donald Swann, e as palabras están tomadas dos poemas da obra de J. R. R. Tolkien, especialmente O Señor dos Aneis.
O título desta obra está tomado de "O camiño segue e segue", a primeira canción da colección. As cancións forman un ciclo de cancións, deseñado para encaixar cando se toca en secuencia.
Swann interpretou o ciclo para Tolkien, quen aprobou a música agás para a canción en quenya titulada "Namárië"; suxeriu que debería ser ao estilo dun canto gregoriano, o cal cantaruxou; Swann usou esa melodía para a canción.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Christina Scull e Wayne G. Hammond (2006), The J. R. R. Tolkien Companion and Guide, HarperCollins, 'Chronology' volume, pp. 710 & 721; ISBN 978-0-618-39113-4
- ↑ O señor dos aneis I. A irmandade do anel. Traducido por Moisés Barcia Rodríguez (1ª ed.). Vigo: Edicións Xerais. 2001. ISBN 84-8302-683-X – vía Biblioteca da Tradución Galega.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Terra Media |