Ustica
Tipo | concello de Italia | ||||
---|---|---|---|---|---|
Situado na entidade xeográfica | Ustica Island (en) | ||||
Localización | |||||
División administrativa | Cidade metropolitana de Palermo, Italia e Provincia de Palermo, Italia | ||||
| |||||
Bañado por | Mar Tirreno | ||||
Comparte fronteira con | sen valor | ||||
Características | |||||
Altitude | 49 m | ||||
Superficie | 8,65 km² 8,24 km² | ||||
Sitio web | comune.ustica.pa.it | ||||
Ustica, é unha illa de Italia, situada no Mar Tirreno a 67 km ao N.O. de Palermo (Sicilia). Ten unha superficie de preto de 8´65 km² cunha circunferencia de 12 km, e mide 3´5 km de longo por 2´5 km de ancho.
Xeoloxicamente afín ás Illas Eolias e de orixe volcánico; presenta un relevo de outeiros, vestixio de antigos volcáns ("Punta Maggiore", 244 m. "Garda di Turchi", 238 m.) que dividen á illa en dúas.
A illa, ademais, é unha das vinte que forman parte da "Reserva Natural Mariña" de Italia, o que a converte nun verdadeiro paraíso para o mergullo.
Historia
[editar | editar a fonte]Os fenicios habitaron a illa cara ao 1.500 A.C. Na antiga Grecia, foi chamada "Osteodes" (osario) en memoria dos miles de amotinados cartaxineses alí abandonados para morreren de fame no século IV A.C. Os romanos rebautizárono como Ustica, do latín "ustum" que significa "queimada", por mor das súas rocas negras características.
No século VI establécese na illa unha comunidade Beneditina, que foi rapidamente forzada a trasladarse por mor das inminentes guerras entre cristiáns e árabes. No medievo fallaron as tentativas de colonizala por causa de frecuentes incursións piratas, que utilizaron a illa como o seu refuxio.
Só a partir do século XVIII os Borbóns asentaron, esta vez de modo estable, a familias provenientes das Eolias e de Sicilia xunto cun centenar de soldados.
Durante o réxime fascista e ata 1950 Ustica foi utilizada como prisión.
Ambiente
[editar | editar a fonte]A característica natural máis destacada e peculiar e a presenza de numerosas grutas que se abren ao longo das altas costas. Cabe mencionar a: "Grotta Verde", "Grotta Azzurra", "Grotta della Pastizza", "Grotta dell'Ouro", "Grotta delle Colonne". Con todo, ao escasear a auga e os recursos hídricos na illa, ata a vexetación natural é escasa.
-
Unha imaxe de Ustica polo serán.
-
Ustica vista desde o transbordador.
-
Ustica panorama do porto e da cidade
-
Torre de Santa Maria preto do porto de Ustica
-
Torre da Cruceta - Ustica
-
Ustica costa norte
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ustica |