Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Víctor Castro Soto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaVíctor Castro Soto
Biografía
Nacemento12 de abril de 1839 Editar o valor en Wikidata
Lugo, España Editar o valor en Wikidata
Morte15 de maio de 1903 Editar o valor en Wikidata (64 anos)
Lugo, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor en Wikidata

Víctor Castro Soto, nado en Lugo o 12 de abril de 1839 e finado na mesma cidade o 15 de maio de 1903[1], foi un xornalista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Juan Rodríguez de Castro. Empregado na Intervención de Facenda da provincia de Lugo. Traballou en El Buscapié, do que foi redactor até 1881. Posteriormente foi redactor de El Eco de Galicia, onde utilizou o pseudónimo Claridades, e dende 1892 dirixiu o xornal[2], ata que foi substituído por Emilio Tapia Rivas en 1898.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Rita Somoza Arias, e foi pai de Concepción, Salvador, Víctor, Rita, Victorino e José Castro Somoza.

  1. El Norte de Galicia, 16-5-1903, p. 1,3.
  2. El Correo Gallego, 6-1-1892, p. 2.