Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Xacinto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A morte de Xacinto por Jean Broc.

Na mitoloxía grega Xacinto era o fermoso amante do deus Apolo e fillo do rei de Laconia, Amiclas.

Certo día atopábanse Apolo e Xacinto lanzando o disco, práctica moi común na Grecia antiga; cando foi a quenda de o lanzar Apolo este fíxoo por riba das nubes, e Xacinto, ao contemplar o lanzamento e ansioso por demostrarlle a Apolo que el tamén podía conseguir semellante proeza, foi correndo a buscar o disco, pero este rebotou na terra e impactou na cabeza de Xacinto. Apolo intentou socorrelo pero xa estaba morto e o sangue manáballe da cabeza. Para non esquecelo nunca fixo nacer do seu sangue unha nova flor, o xacinto.