Yeclano Deportivo
Yeclano | |||
---|---|---|---|
Nome | Yeclano Deportivo | ||
Fundación | 2004 | ||
Estadio | La Constitución, Yecla, España | ||
Capacidade | 4.000 | ||
Presidente | Pedro Romero López | ||
Adestrador | Héctor Sandroni | ||
Liga | 3ª − Grupo 13 | ||
2013–14 | 2º | ||
Na rede | |||
http://www.yeclanodeportivo.com | |||
| |||
O Yeclano Deportivo é un club de fútbol de España, da cidade de Yecla, na Rexión de Murcia. Foi fundado en 2004 e actualmente xoga na Segunda División B Española, logo de ascender na tempada 2011-12.
Historia
[editar | editar a fonte]O Yeclano Deportivo fundouse en 2004 tras a desaparición do histórico Yeclano CF. Arrinca na Primeira Territorial e consegue o ascenso. No seu primeiro ano en Territorial Preferente queda 2º saldando así as súas dúas primeiras tempadas de vida con dous ascensos.
Na tempada 2006-07 debuta na Terceira División quedando 12º. Ao ano seguinte repite a mesma posición, consolidando así a categoría. A tempada 2008-09 o equipo dá un salto na táboa e loita pola clasificación para o play-off de ascenso. Na súa primeira promoción de ascenso enfróntase ao Cacereño. Tras o empate a 0 en Yecla o equipo cae eliminado en Cáceres tras perder 3-1 na prórroga.
Na tempada 2009-10 consegue a mellor clasificación da súa historia ao quedar 2º en liga regular. En primeira rolda do play-off elimina o Trival Valderas, tras perder 2-0 en Alcorcón remonta en Yecla cun 5-1. Na segunda rolda elimina o Pájara Playas de Jandía, perdendo a ida 1-0 e gañando a volta 2-0. Na terceira e última rolda enfróntase ao Haro Deportivo, na Rioxa consegue unha vitoria 0-1 no último suspiro e na volta consegue o ascenso a Segunda B na quenda de penaltis.
Na tempada 2010-11, o equipo debuta na categoría cun 19º posto, descendendo novamente a Terceira División tras gañar soamente cinco partidos. Na tempada 2011-12 o equipo proclámase campión do grupo XIII de Terceira e xoga o playoff de ascenso de campións. O seu rival é o Caudal Deportivo e perde por un resultado global de 3-0. Ao ser campión tivo unha segunda oportunidade e, tras superar en dúas eliminatorias a Muro e Pobla de Mafumet, o equipo volve a Segunda B.
Uniforme
[editar | editar a fonte]- Uniforme titular: Camiseta azulgrana a raias verticais, pantalón azul e medias azuis.
- Uniforme alternativo: Camiseta metade azul celeste e metade branca, pantalón branco e medias brancas.
Estadio
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Estadio La Constitución.
Estadio La Constitución, con capacidade para 5.000 persoas.
Datos do club
[editar | editar a fonte]Historial na liga
[editar | editar a fonte]Tempada | Categoría | Posto |
---|---|---|
2004/05 | 1ª Territorial | 1º |
2005/06 | Preferente | 2º |
2006/07 | 3ª | 12º |
2007/08 | 3ª | 12º |
2008/09 | 3ª | 4º |
2009/10 | 3ª | 2º |
2010/11 | 2ªB | 19º |
2011/12 | 3ª | 1º |
2012/13 | 2ªB | - |
Xogadores
[editar | editar a fonte]Cadro 2010/11
[editar | editar a fonte]Actualizado a 1 de setembro de 2010.
|
|