nave
Aparencia
Galego
- Pronuncia: /ˈnaβe̝/ (AFI)
nave (sg: nave; pl: naves)
- (Mariña) Barco de gran tamaño.
- Exemplo: O capitán da nave ten autoridade para casar.
- Sinónimos: barco, embarcación.
- Termos relacionados: navegable, navegación, navegar.
- Exemplo: O capitán da nave ten autoridade para casar.
- (Arquitectura) Espazo lonxitudinal dunha igrexa ou outro edificio, delimitado por arcadas e cuberto por bóveda.
- Exemplo: O Coro do Mestre Mateo estaba situado na nave central da Catedral.
- Observacións: Adoita existir unha nave central ou principal, máis ancha e de maior altura, situada no eixo da igrexa, e naves laterais, paralelas á central e habitualmente de menor altura.
- Exemplo: O Coro do Mestre Mateo estaba situado na nave central da Catedral.
- (Arquitectura) Construción industrial formada por un espazo amplo e sen divisións.
- Exemplo: O incendio destruíu totalmente tres das cinco naves da conserveira.
- Exemplo: O incendio destruíu totalmente tres das cinco naves da conserveira.
Locucións: