Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                

O Clima

Fazer download em pdf ou txt
Fazer download em pdf ou txt
Você está na página 1de 3

O CLIMA

O clima a nivel Global (planetario) depende fundamentalmente de 4 factores, a


nivel máis local hai outros parámetros que explicarían o clima nunha zona máis
concreta, pero para un estudo global imos a ter en conta estes catro: Latitude,
Altitude, Proximidade ó Mar e Correntes Mariñas.

Latitude: Xa estudiastes en cursos anteriores o que é a latitude, si recordamos:

A latitude mídese en graos, e corresponde ó ángulo formado pola liña que une
calquera punto situado sobre un paralelo e o centro da Terra co plano do ecuador.
Así pois, calquera punto dun paralelo ten a mesma latitude. Vai de 0º no ecuador a
90º nos polos (norte ou sur)

Os paralelos son liñas imaxinarias que cortan a Terra en franxas horizontais


paralelas ó Ecuador. Os paralelos máis coñecidos son o Trópico de Capricornio,
Trópico de Cancer, Círculo Polar Ártico, Círculo Polar Antártico, e o propio Ecuador.

Para esto non debemos olvidar que o eixe de rotación da Terra está inclinado
aproximadamente 23º con respecto a horizontal (marcada polo plano de
traslación). Esto é fundamental pos é o que explica as distintas estacións do ano.
Observar que nos solsticios caen os raios máis perpendiculares nos Trópicos
(según sexa verán no hemisferio norte ou sur respectivamente, cando é verán no
norte é inverno no sur) e nos equinoccios serían más perpendiculares no Ecuador.
Vendo os debuxos podedes observar todo esto e incluso como a partir dos círculos
polares nos solsticios cando é inverno é todo o rato noite, ou no verán é todo o rato
día, ou por qué a distinta duración dos días según as estacións.

Para resumir: a maior Latitude os raios do Sol non son tan perpendiculares (a
mesma cantidade de enerxia se reparte en máis superficie) e quentan menos.
No caso de Europa canto máis ó norte más frío.

Altitude: a maior altitude a nunha zona da Terra en xeral más frío (esto débese
principalmente a que hai menor presión atmosférica canto máis altura).
Esto fai que aínda que estemos no Ecuador si estamos nunha montaña moi alta
poderá facer frío e incluso ter neve.

Proximidade ó Mar: O Mar suaviza as temperaturas, é un termorregulador, a auga


tarda más en quentarse pero amén tarda máis en enfriarse e eso suaviza as
temperaturas na costa.
Tamén é por onde poden entrar as grandes masas de nubes que se forman nos
oceanos que traen humidade e choiva, que en zonas interiores é más difícil que
chegen.
Correntes Mariñas: Esto igual vos chama más a atención, pero teñen máis
importancia da que parece estas correntes mariñas no clima.
As correntes oceánicas son desprazamentos de masas de auga con movimentos
horizontais debidas ás diferenzas de temperatura e salinidade.
Estas correntes mariñas transportan augas frías dos Polos ás rexiones cálidas de
Ecuador e o contrario, o que contribue ó equilibrio de temperaturas na Terra e
tamén de formación de masas nubosas.

Un exemplo curioso o tedes comparando os invernos de Coruña e Nova York, os


tres primeiros factores son similares pero a Corrente Cálida do Golfo que chega a
Europa, partindo do Caribe, suaviza moito os invernos de Coruña comparados cos
de Nova York.

Tamén as grandes cordilleiras (Andes, Himalaia…) poden influir non deixando


pasar ou retendo masas nubosas etc… pero a nivel global os catro factores
indicados son os más relevantes.

Você também pode gostar