Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Ir o contido principal

Campus Terra

 

 

O Campus Terra de Lugo, promovido pola Universidade de Santiago de Compostela, nace como resultado do acordo entre a USC e a Secretaría Xeral de Universidades, dependente da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia, coa intención de transformar o campus de Lugo nun referente científico e social nos ámbitos de coñecemento vinculados á sustentabilidade económica, social e medioambiental do uso da TERRA.

Benvid@s ao Campus Terra

PICTERRA

 

 

 

A través do buscador  PICTERRA o Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela;  campus especializado na sostibilidade económica, social e medioambiental do uso da terra, pon ao servizo da sociedade as capacidades e o coñecemento de máis de 50 grupos de investigación que desenvolven as súas investigacións neste Campus, en áreas tan estratéxicas como a produción vexetal e agricultura sostible, a produción e saúde animal sostibles, alimentación segura e saudable ou  produción forestal sostible.

No PICTERRA recollerase información básica e actualizada sobre a denominación, composición, contacto, servizos e liñas de investigación que desenvolven os grupos de investigación.

Namentres, para calquera consulta, pódese contactar directamente co Equipo Técnico de Campus Terra:  campus.terra [at] usc.es (campus[dot]terra[at]usc[dot]es) / 982 82 28 00 

Actualidade

Últimas entradas no Blog