Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                

Dionisio de Bizancio

Revisión feita o 2 de maio de 2024 ás 17:54 por Servando2 (conversa | contribucións) (engado a Categoría:Xeógrafos da Antigüidade mediante HotCat)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

Dioniso (en grego antigo ∆ιονύσιος Βυζάντιος, en latín Dionysius Byzantinus) foi un xeógrafo da antiga Grecia nado en Bizancio que viviu antes do reinado do emperador Septimio Severo, no século II. É o autor dunha viaxe (ἀνάπλους) polo Mar Negro (De Bospori navigatione), dende Bizancio ata Calcedonia, que se conservou.

Modelo:BiografíaDionisio de Bizancio
Biografía
Nacementoséculo II Editar o valor en Wikidata
Bizancio, Turquía Editar o valor en Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta, xeógrafo Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

Descrito pola fontePaulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft
Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

O chamado Periplo do Bósforo é un breve texto en grego que consta de 112 parágrafos e que se conserva en dous manuscritos, un en París e outro en Londres. Por desgraza, os parágrafos 57 a 95 perdéronse, e só poden ser subministrados grazas á tradución ao latín feita por Gyllius no século XVI a partir do orixinal[1].

Segundo a Suídas, ademais desta obra xeográfica tamén cultivou a poesía épica, e escribiu unha obra chamada Θρῆνοι ('Lamentacións'), consistente en cantos fúnebres[2].

  1. González Ponce, Francisco J. (2002). "Periplografía griega de época imperial". Habis (33): 560-561. ISSN 0210-7694. 
  2. 12.Dionysius en: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. I. Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 1039

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar