Mar Exeo
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2017.) |
O mar Exeo (grego: Αιγαίο Πέλαγος Aigaío Pélagos, turco: Ege Denizi) é un brazo do mar Mediterráneo situado entre Grecia e a península de Anatolia, é dicir, entre as terras altas de Grecia e de Turquía. No norte, o Exeo está conectado ao mar de Mármara e ao mar Negro polos Dardanelos e o Bósforo. Considérase que este mar está delimitado ao sur por un arco que atravesa, en dirección oeste-leste, as illas de Citera, Anticitera, Creta, Kasos, Karpathos e Rodas. Polo arbitrario do seu «límite» sur, é difícil atribuírlle unha superficie exacta, sendo un valor aproximado 180.000 km². De norte a sur, a súa extensión máxima é de 600 km, e do leste a oeste é de 400 km.
Tipo | mar conca fluvial | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | Exeo (rei de Atenas) | ||||
Parte de | Mediterráneo oriental | ||||
Localización | |||||
País da cunca | Grecia e Turquía | ||||
División administrativa | Grecia e Turquía | ||||
| |||||
Bañado por | Mar Mediterráneo | ||||
Composto por | |||||
Afluentes | Río Büyük Menderes ,Rio Küçük Menderes (pt) ,Almyrós Potamós (en) ,Enipeas (en) ,Gediz River (en) ,Inachos (en) ,Krausidonas (en) ,Río Maritsa ,Sedountas (en) ,Yassıçay (en) | ||||
Conca hidrográfica | bacia do Mar Egeu (pt) | ||||
Características | |||||
Profundidade | 2.100 m | ||||
Superficie | 214.000 km² | ||||
O mar era tradicionalmente coñecido como o Arquipélago (na Lingua grega antiga, Ἀρχιπέλαγος, que significa "mar principal"),[Cómpre referencia] pero en galego o significado de arquipélago cambiou para referirse ás illas do Exeo e, en xeral, a calquera grupo insular.
Etimoloxía
editarNa antigüidade, houbo varias explicacións para o nome "Exeo". Dicíase que fora nomeado pola cidade grega de Aegae, despois de Aegea, unha raíña das Amazonas morrera no mar. Aigaion, a "cabra mariña", outro nome de Briareus, un dos arcaicos Hecatonchires; ou, especialmente entre os atenienses, Exeo, o pai de Teseo, que afogou no mar cando pensaba que o seu fillo morrera.
Unha posible etimoloxía é unha derivación da palabra grega αἶγες – aiges = "ondas" (Hesiquio de Alexandría; uso metaforico de αἴξ (aix) "macho cabrio"), polo tanto "mar ondosa", cf. tamén αἰγιαλός (aigialos = aiges (ondas) + hals (mar)),[1] polo tanto significa "beira do mar".
A República de Venecia, que gobernou moitas illas gregas na Alta Idade Media e na Baixa Idade Media, popularizou o nome de "Arquipélago" ( Grego: "mar principal"), nome que se mantivo en moitos países europeos ata o inicio do período moderno.
Nalgunhas linguas eslavas do sur o Exeo é a miúdo chamado "Mar Branco" (Belo more/Бело море en Serbo-Croata e Macedonio; Бяло море Byalo more en Bulgaro).[2]
Mitoloxía
editarO mar Exeo debe o seu nome ao rei Exeo, que, na mitoloxía grega, se suicidou cando o seu fillo, Teseo, volveu de Creta tras dar matado ao Minotauro, monstro a cuxa alimentación fora destinado xunto con outros seis mozos e sete mozas. Este era o tributo que os atenienses debían pagar anualmente a Minos. Os mariñeiros que o acompañaban deberían izar velas claras se Teseo retornase vivo, e escuras se morrera na loita contra o Minotauro. Así e todo, tamaña era a alegría da tripulación que esqueceron a promesa feita ao rei. Exeo botouse no mar, que desde entón leva o seu nome.
Notas
editar- ↑ Henry George Liddell, Robert Scott, A Greek-English Lexicon, s.v. "αἰγιαλός"
- ↑ Zbornik Matice srpske za društvene nauke: (1961), Volumes 28-31, p.74 Modelo:Sr icon
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mar Exeo |
Outros artigos
editar Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |