Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                

Samuel Rosenstock, nado en Moineşti o 16 de abril de 1896 e finado en París o 25 de decembro de 1963, foi un escritor francés de orixe romanesa, máis coñecido polo pseudónimo de Tristan Tzara.

Modelo:BiografíaTristan Tzara

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Samuel Rosenstock Editar o valor en Wikidata
16 de abril de 1896 Editar o valor en Wikidata
Moinești, Romanía Editar o valor en Wikidata
Morte24 de decembro de 1963 Editar o valor en Wikidata (67 anos)
7º distrito de París, Francia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Montparnasse, 8 Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPoesía, drama e Dadaísmo Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Francia
Bucarest
Xenebra Editar o valor en Wikidata
Ocupacióncoleccionista de arte, artista de performance, compositor, crítico literario, debuxante, membro da resistencia francesa, fotógrafo, ensaísta, tradutor, poeta, dramaturgo, escritor, director de cinema, diplomático, activista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1912 Editar o valor en Wikidata -
Partido políticoPartido Comunista Francés Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoPoesía e panfleto Editar o valor en Wikidata
MovementoDadaísmo e Surrealismo Editar o valor en Wikidata
Influencias
Participou en
Cabaret Voltaire (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeGreta Knutson-Tzara (1925–1942), divorcio Editar o valor en Wikidata
FillosChristophe Tzara Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteUbuWeb
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0879262 Allocine: 37923
BNE: XX1721688 Musicbrainz: 4f3fe3d6-ff99-4b4b-926c-baec6d2bfd25 Discogs: 195294 WikiTree: Rosenstock-31 Find a Grave: 1233 Editar o valor en Wikidata
Tristán Tzara por Lajos Tihanyi.
Tumba de Tristán Tzara.

Traxectoria

editar

Residiu case toda a vida en Francia. Foi un dos autores máis importantes do movemento Dada, que fundou xunto con Hans Arp e Hugo Ball, unha corrente revolucionaria na literatura que anticipou as actitudes do surrealismo.

O movemento dadaísta orixinouse en Zürich, durante a primeira guerra mundial. Tzara escribiu os primeiros textos Dada — La Première Aventure céleste de Monsieur Antipyrine ("A primeira aventura celeste do señor Antipyrine", 1916) e Vingt-cinq poèmes (1918), así como os manifestos do movemento: Sept manifestes Dada ("Sete manifestos Dadá", 1924). En París organizou, cos seus compañeiros de movemento, espectáculos na rúa cheos de absurdismo para "épater le bourgeois" (escandalizar a burguesía) e deulle un poderoso impulso á escena dadaísta.

A finais de 1929 embarcouse no daquela recentemente inaugurado movemento surrealista de André Breton, Louis Aragon e outros autores. Dedicou gran esforzosa intentar conciliar as doutrinas filosóficas nihilistas e sofisticadas do movemento coa súa propia afiliación marxista. Participou activamente no desenvolvemento dos métodos de escritura automática, entre eles o collage e o cadáver exquisito. Desa época data o seu libro L'Homme approximatif ("O home aproximado", 1931).

Durante a segunda guerra mundial incorporouse á resistencia francesa. Tras obter a cidadanía en 1947, afiliouse ao Partido Comunista Francés. A súa militancia estenderíase ata 1956, cando, tras a invasión de Hungría polas tropas sovéticas para apagar a revolta popular, apartouse do partido. A súa obra da época é complexa, aínda que máis convencional que na súa xuventude. Nela salientan Parler seul ("Falar só", 1950) e La face intérieure ("A face interior", 1953).

Morreu en decembro de 1963 en París e foi enterrado no cemiterio de Montparnasse.

  • La première aventure céléste de Mr Antipyrine (A primeira aventura celeste do Sr. Antipyrine), 1916
  • Vingt-cinq poèmes, 1918
  • Primeiro manifesto dadá, 1918
  • "Anthologie Dada" (15 de maio de 1919) Dada (4/5)[1]
  • Cinéma calendrier du coeur abstrait (Cinema calendario do corazón abstraído), 1920
  • Sept manifestes dada (Sete manifestos dadá), 1924
  • De nos oiseaux, Poèmes (Sobre os nosos paxaros), 1929
  • L'homme approximatif (O home aproximado), 1931
  • Où boivent les loups (Onde beben os lobos), 1933
  • Midis gagnés: poèmes (Mediodías gañados), 1939
  • Le Surréalisme et l’Après-guerre, 1947
  • Entre-temps, 1946
  • La fuite : poème dramatique en quatre actes et un épilogue, 1947
  • Le Fruit permis: poèmes, 1947
  • Parler seul (Falar só), 1950
  • La face intérieure (A face interior), 1953
  • La Rose et le chien (A rosa e o can), 1958
  1. Sanouillet, Michel (2005). "Bibliographie". Dada à Paris. CNRS. pp. 574–629. ISBN 9782271091277. doi:10.4000/books.editionscnrs.8835. 

 
 Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.