17 de xaneiro
día do ano
<< | Xaneiro | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
29 | 30 | 31 | ||||
2024 Todos os días |
O 17 de xaneiro é o décimo sétimo día do ano do calendario gregoriano. Quedan 348 días para rematar o ano e 349 nos anos bisestos.
Acontecementos
editar- 1287 - Invasión de Menorca por parte do rei de Aragón, Afonso III.
- 1945 - Varsovia é ocupada polas forzas soviéticas.
- 1966 - Colisión de dous avións estadounidenses sobre a costa andaluza. Caen catro bombas atómicas, tres delas preto de Palomares e outra nas proximidades de Almería.
- 1986 - Asínase na Haia o protocolo que establece relacións diplomáticas entre Israel e España.
- 2004 - Josu Jon Imaz substitúe a Xabier Arzalluz como presidente do Euzkadi Buru Batzar (órgano executivo do PNV)
- 2014 - en España xorde o partido político de esquerdas Podemos liderado por Pablo Iglesias Turrión.
Nacementos
editar- 1560 - Caspar Bauhin, botánico e anatomista suízo (m. 1624).
- 1600 - Pedro Calderón de la Barca, dramaturgo español (m. 1681).
- 1636 - Fernando Valenzuela, político e poeta español.
- 1706 - Benjamin Franklin, científico e diplomático norteamericano (m. 1790).
- 1798 - Auguste Comte, sociólogo francés, creador do positivismo (m. 1857)
- 1820 - Anne Brontë, novelista inglesa (m. 1949).
- 1856 - Jens Bratlie, primeiro ministro de Noruega (m. 1939).
- 1860 - Douglas Hyde, presidente da República de Irlanda (m. 1949).
- 1860 - Carlos José Solórzano, presidente de Nicaragua (m. 1936).
- 1863 - David Lloyd George, representante do liberalismo inglés, primeiro ministro británico (m. 1945).
- 1868 - Louis Couturat, filósofo francés, creador da lingua Ido (m. 1914).
- 1871 - Nicolae Iorga, escritor e primeiro ministro de Romanía (m. 1940).
- 1875 - Florencio Sánchez, dramaturgo uruguaio.
- 1886 - Luis Antón del Olmet, avogado, xornalista e escritor español (m. 1923).
- 1896 - Antón Iglesias Vilarelle, mestre e músico galego (m. 1971).
- 1899 - Al Capone, gángster estadounidense (m. 1947).
- 1899 - Nevil Shute, escritor e enxeñeiro británico-australiano (m. 1960).
- 1900 - Pepe Arias, actor cómico arxentino.
- 1911 - Nieves Fariza Alonso, mestra e sindicalista galega (m. 1975).
- 1922 - Luis Echeverría Álvarez, presidente de México.
- 1931 - James Earl Jones, ator de cine estadounidense.
- 1937 - Alain Badiou, filósofo francés.
- 1940 - Narsés Pedro XIX Tarmowni, catholicos-patriarca da Igrexa Católica Armenia.
- 1940 - Tabaré Vázquez, presidente do Uruguai.
- 1942 - Forges, humorista gráfico español.
- 1943 - René Préval, presidente do Haití.
- 1944 - Françoise Hardy, cantante francesa.
- 1948 - Davíð Oddsson, primeiro ministro de Islandia.
- 1949 - Gyude Bryant, xefe de Estado de Liberia.
- 1952 - Ryuichi Sakamoto, músico e compositor xaponés.
- 1956 - Paul Young, cantor inglés.
- 1959 - Susanna Hoffs, cantante, guitarrista e atritz estadounidense.
- 1961 - Antón Lopo, escritor e xornalista galego.
- 1962 - Jim Carrey, actor canadense-estadounidense.
- 1971 - Javier Gutiérrez, actor galego.
Mortes
editar- 395 - Teodosio I, emperador romano de Oriente (379-395) e de Occidente (394-395).
- 1468 - Gjergj Kastrioti Skanderbeg, militar e aristocrata, heroe nacional albanés (n. 1405).
- 1689 - Pedro Atanasio Bocanegra, pintor e discípulo de Alonso Cano (n. 1638).
- 1823 - Zacharias Werner, escritor e predicador alemán (n. 1768).
- 1826 - Juan Crisóstomo Arriaga, compositor vasco (n. 1806).
- 1893 - Cristino Martos, avogado e político español (n. 1830).
- 1923 - José Riestra López, empresario e político galego (n. 1852).
- 1931 - Jacinto Crespo, político agrarista galego (n. 1849).
- 1961 - Patrice Lumumba, presidente da República Democrática do Congo (n. 1925).
- 1975 - Gustavo Rojas Pinilla, presidente de Colombia (n. 1900)
- 1991 - Olav V, rei de Noruega (n. 1903).
- 1993 - Luis Bazal, mestre e escritor galego (n. 1905).
- 1995 - Miguel Torga, escritor portugués (n. 1907).
- 1997 - Clyde Tombaugh, astrónomo estadounidense, descubridor de Plutón (n. 1906).
- 2002 - Camilo José Cela, escritor galego en lingua castelá, Premio Nobel de Literatura en 1989 (n. 1916).
- 2005 - Zhao Ziyang, primeiro ministro da República Popular Chinesa (n. 1919).
- 2008 - Bobby Fischer, xadrecista estadounidense (n. 1943).
- 2013 - Fernando Guillén, actor español (n. 1932).
Festas e celebracións
editarSantoral
editar- Día de Santo Antón Abade e Santo Alfredo - santos católicos.
- Dezasete de xaneiro é o santo Antón verdadeiro, que o do trece de san Xoán é o santo Antón mentirán.
- Santo Antón verdadeiro, dezasete de xaneiro, aínda que a festa lla fan o día trece do san Xoán.
- Dezasete de xaneiro, santo Antón lacoeiro.