Caspar Bauhin
Caspar Bauhin ou Gaspard Bauhin, nado en Basilea o 17 de xaneiro de 1560 e finado na mesma cidade o 5 de decembro de 1624, foi un botánico e anatomista suízo.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de xaneiro de 1560 Basilea (Antiga Confederación Suíza) |
Morte | 5 de decembro de 1624 (64 anos) Basilea (Antiga Confederación Suíza) |
Reitor da Universidade de Basilea | |
Datos persoais | |
Outros nomes | Gaspard Bauhin |
Educación | Universidade de Basilea Universidade de Padua Facultade de Medicina de Montpellier |
Actividade | |
Campo de traballo | Anatomía |
Ocupación | botánico, médico, micólogo, profesor universitario, naturalista |
Empregador | Universidade de Basilea |
Profesores | Jeronimus Mercurialis (pt) |
Alumnos | Caspar Hofmann (pt) e Johannes Fleischer der Jüngere (pt) |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | C.Bauhin |
Familia | |
Pai | Jean Bauhin |
Irmáns | Johann Bauhin |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Баугин Каспар) Allgemeine Deutsche Biographie (pt) Biblioteca dixital BEIC |
Páxina web | bauhin.ch |
Traxectoria
editarGaspard Bauhin introduciu a nomenclatura binomial en taxonomía, que máis tarde desenvolvería Carl von Linné. O libro de Bahuhin, Pinax theatri botanici (1596) foi o primeiro en usar esta convención para dar nome ás especies.
Fillo de Jean Bauhin, un médico francés que tivo que deixar o seu país tras converterse ao protestantismo.
Caspar naceu en Basilea e estudou medicina en Padua, Montpellier e en Alemaña, volveu a Basilea en 1580 e deu clases privadas de botánica e anatomía ata que en 1582 obtivo o posto de profesor de grego na Universidade de Basilea, e en 1588 conseguiu a cátedra de anatomía e botánica e en 1614 a de medicina, posteriormente foi o reitor da universidade.
Ademais de Pinax Theatri Botanici, sen Index in Theoplirasti, Dioscoridis, Plinii, et botanicorum qui a seculo scripserunt opera, na que describe 2.600 especies, Caspar proxectou unha segunda obra, Theatrum Botanicum, da que só rematou tres partes das doce nas que estaba proxectada, aínda só publicou unha (1658). En Enumeratio plantarum ab herboriis nostro saeculo descriptarum cum corum differentiis (1620) describiu 6.000 plantas. Tamén realizou un catálogo das plantas que medraban nos arredores de Basilea, Catalogue plantarum circa Basileum nascentium... (1622) e editou as obras de Pietro Andrea Mattioli (1500-1577), con considerables adicións. A súa principal obra de anatomía humana foi Theatrum Anatomicum infinitis locis auctum (1592).
-
Animadversiones in historiam generalem plantarum, 1601]