Andes
Os Andes (quechua: Antis, "rexión dos antis") é unha cordilleira montañosa de América do Sur. O seu percorrido é de norte a sur pola costa occidental do continente, dende Venezuela ata a Patagonia, pasando por Colombia, Ecuador, o Perú, Bolivia, Chile e a Arxentina. Ten unha lonxitude de máis de 7500 km, unha anchura que oscila entre uns 180 km ata 700 km e a súa altitude media sitúase ao redor dos 4000 metros. O seu punto máis elevado é o pico Aconcagua con 6.959 metros.
(es) Cordillera de los Andes | |||||
Tipo | cordilleira | ||||
---|---|---|---|---|---|
Situado na entidade xeográfica | América do Sur | ||||
| |||||
Cordilleira | Cordilleira americana | ||||
Características | |||||
Altitude | 6.962 m | ||||
Dimensións | 500 () × 7.000 () km | ||||
Punto máis alto | Aconcagua (6.964 m ) | ||||
Atravesa | Bolivia, Chile, Colombia, Ecuador, Perú, Venezuela e Arxentina | ||||
Superficie | 3.300.000 km² | ||||
Historia | |||||
Período de tempo | Mesozoico | ||||
Cronoloxía | |||||
Vento Zonda (pt) | |||||
Na súa parte meridional únese e é fronteira natural entre Chile e a Arxentina. Na parte central divídese en dous cordóns, Cordilleira Occidental e Cordilleira Oriental, formando entre os dous cordóns unha meseta de grande altitude, chamada Altiplano. Esta separación continua ata Colombia onde antes de chegar ó mar Caribe divídese en tres cordóns.
Descrición física
editarA formación dos Andes data do período Terciario. A acción continua das forzas tectónicas o largo de zona de subducción entre as placas de Nazca e a Suramericana son as causantes da formación desta cordilleira, este fenómeno ocorre a través dos bordos converxentes. Esta actividade modificou a súa morfoloxía e composición, por efecto dos afundimentos e levantamentos da codia. Esta acción da como resultado que a zona sexa de grande actividade sísmica e volcánica. Así podemos destacar volcáns da zona como o Cotopaxi e Chimborazo en Ecuador, e Ojos del Salado en Chile. Os Andes poden ser divididos en tres seccións: Andes Setentrionais, Andes Centrais e Andes Meridionais.
Andes Setentrionais
editarOs Andes Setentrionais comezan en Venezuela, na cordilleira de Meriada, que chega a alcanzar os 5000 metros nalgúns puntos. Esta únese a cordilleira Oriental de Colombia constituíndo unha cadea montañosa paralela coa cordilleira Central e esta coa cordilleira Occidental. Entre elas constitúense o Valle del Cauca entre as cordilleiras Occidental e Central, e o Val do Magdalena entre a Central e o Oriental.
A cordilleira Occidental é polo xeral dunha altura menor. A Central é moito máis elevada con cumios de máis de 5000 metros. Pola su parte a Oriental e máis fragmentaria e contén numerosas cristas e mesetas altas, onde nunha delas está situada Bogotá. A cordilleira Central e a Oriental o chegar o Ecuador únense formando unha soa cordilleira. A partir de aquí só hai que distinguir a cordilleira Occidental e a cordilleira Oriental
Andes Centrais
editarNa altura do Perú as dúas cordilleiras que en Ecuador non tiñan máis que unha separación de 60 km chegan a alcanzar unha distancia entre si de ata 700 km, formando altas mesetas moldeadas pola erosión, nas que poden haber lagos, como é o caso do lago Titicaca. Neste sector dos Andes a cordilleira Oriental é aínda a máis alta de media. Pola contra a cordilleira occidental é unha das cadeas montañosas máis volcánicas do mundo.
A medida que os Andes vanse aproximando a Chile e a Arxentina a separación entre as dúas cordilleiras vaise diminuíndo ata chegar a desaparecer e formar un só bloque.
Andes Meridionais
editarCaracterízase pola progresiva desaparición ao sur, chegando a diminuír a súa altitude ata os 3000 metros. Hai que destacar a zona norte de Chile e a Arxentina onde se sitúan picos dunha grande altitude como é o caso do Aconcagua. Segundo se vai cara ao sur é característico o labor de erosión levado a cabo polos glaciares, moldeando a montaña.
Cumios máis altos
editarO maior cume da cordilleira dos Andes é o Aconcagua que, con 6960,8 msnm,[1] é o punto máis alto do mundo fora do asiático sistema dos Himalaias, ademais de ser o cume de maior altitude dos hemisferios sur e occidental. Sitúase en Mendoza, Arxentina.
Arxentina e Chile comparten os picos máis altos dos Andes; entre eles, o Nevado Ojos del Salado, o volcán máis alto do mundo[2][3] e o segundo cume máis alto do continente. Estes cumes son seguidos pola cordilleira Branca situada no Perú, a cordilleira Real de Bolivia e Andes ecuatorianos.
No sur do Perú, cerca do Cuzco, atópase a cordilleira de Vilcanota, onde está situado o glaciar Quelccaya, o glaciar máis extenso de toda a zona intertropical do mundo.[4][5] Esta singularidade permitiu estudar nos seus xeos os cambios climáticos ocorridos no trópico desde a última era glacial.
Altitude | Nome | Cordilleira | Situación | País |
---|---|---|---|---|
6960,8[1] | Aconcagua | Cordilleira Frontal | Provincia de Mendoza | Arxentina |
6891,3[2] | Nevado Ojos del Salado | Puna de Atacama | Provincia de Catamarca Rexión de Atacama |
Arxentina Chile |
6795 | Monte Pissis | Puna de Atacama | Provincia de La Rioja Provincia de Catamarca |
Arxentina |
6770 | Cerro Mercedario | Cordilleira de la Ramada | Provincia de San Juan | Arxentina |
6768 | Nevado Huascarán | Cordilleira Branca | Departamento de Ancash | Perú |
6759 | Cerro Bonete | Puna de Atacama | Provincia de La Rioja | Arxentina |
6758 | Nevado Tres Cruces | Puna de Atacama | Provincia de Catamarca Rexión de Atacama |
Arxentina Chile |
6739 | Volcán Llullaillaco | Puna de Atacama | Provincia de Salta Rexión de Antofagasta |
Arxentina Chile |
6658 | Volcán Walther Penck | Puna de Atacama | Provincia de Catamarca | Arxentina |
6638 | Volcán Incahuasi | Puna de Atacama | Provincia de Catamarca Rexión de Atacama |
Arxentina Chile |
Altitude | Nome | Cordilleira | Situación | País |
---|---|---|---|---|
6960,8[1] | Cerro Aconcagua | Cordilleira Frontal | Provincia de Mendoza | Arxentina |
6891,3[2] | Nevado Ojos del Salado[6] | Puna de Atacama | Provincia de Catamarca Rexión de Atacama |
Arxentina Chile |
6768 | Nevado Huascarán | Cordilleira Branca | Departamento de Ancash | Perú |
6542 | Nevado Sajama | Cordilleira Occidental | Departamento de Oruro | Bolivia |
6310 | Volcán Chimborazo | Cordilleira Occidental | Provincia de Chimborazo | Ecuador |
5750 | Nevado del Huila[7] | Cordilleira Central | Huila Tolima Cauca |
Colombia |
4978 | Pico Bolívar | Cordilleira de Mérida | Estado Mérida | Venezuela |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Instituto Geográfico Nacional (Arxentina) (s/f). www.ign.gob.ar, ed. "Se dio a conocer la nueva altura oficial del Cerro Aconcagua: 6.960,8 metros" (en castelán). Consultado o 25/05/2013.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Turrel, Marc, y Jorge Velasco (18 de maio de 2007). "Ojos del Salado, el volcán más alto del mundo". Desnivel.com. Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2007. Consultado o 20 de xullo de 2008.
El volcán Ojos del Salado [...] obtuvo una altura elipsoidal de 6.934,115 metros y una altitud sobre el nivel medio del mar de 6.891,31
- ↑ www.los6000dechile.cl, ed. (s/f). "Nevado Ojos del Salado-Cara Norte/North Face" (PDF) (en castelán e inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de xullo de 2011. Consultado o 9 de marzo de 2011.
- ↑ Morales Arnao, César (2004). Consejo Editorial USMP, ed. Las cordilleras del Perú (en castelán) (1.ª ed.). Lima. p. 201.
- ↑ Hardy, Doug (1 de agosto de 2011). www.geo.umass.edu, ed. "Glacier Bird of the Andes: Diuca speculifera" (HTML) (en inglés). Consultado o 2 de novembro de 2012.
- ↑ A montaña máis alta integramente situada dentro de territorio chileno é o volcán Pular de 6233 msnm, na Rexión de Antofagasta.
- ↑ A montaña máis alta de Colombia é o Pico Simón Bolívar de 5775 msnm, localizado na Serra Nevada de Santa Marta, un sistema montañoso independente da cordilleira dos Andes.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Andes |