Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                

Un arcebispo (do grego αρχεπίσκοπος, archepiskopos: arche > primeiro, e epi-skopos > supervisor) é un membro pertencente á orde episcopal cristiá, pero goza dun status superior ao dos "simples" bispos; xeralmente están á fronte dunha diocese particularmente importante, xa sexa polo seu tamaño, a súa relevancia histórica ou por ámbalas dúas, chamada arquidiocese. Cando un bispo se converte en arcebispo non está sendo, de ningún modo, ordenado nin está recibindo ningún sacramento; en contraste (na maioría das igrexas de goberno episcopal) alguén que é ordenado bispo está sendo consagrado.

Manuel Lago González, arcebispo de Santiago de Compostela (1924-1925).

Un arcebispo non ten, por forza, maior poder que un bispo; porén, están a cargo de dioceses máis prestixiosas. De calquera modo, moitos arcebispos son tamén os metropolitanos da provincia eclesiástica na que se localiza a súa arquidiocese. Nas igrexas occidentais (p. ex. a católica Latina ou a Anglicana), este é case sempre o caso. Porén, na Igrexa católica, os arcebispos que non son tamén os metropolitanos son chamados Arcebispo ad personam, e non teñen dereito a usar o palio. Nas Igrexas eslavas orientais (tanto católica como Ortodoxa) os arcebispos e os metropolitanos están diferenciados, aínda que un metropolitano pode ser chamado arcebispo metropolitano. Na Igrexa ortodoxa, os arcebispos ostentan un rango maior que o dos metropolitanos e teñen os mesmos dereitos que os metropolitanos ortodoxos eslavos (orientais). A distinción entre arcebispos / metropolitanos continúa, xeralmente, o mesmo patrón na Igrexa Ortodoxa Oriental e na Igrexa Ortodoxa Eslava.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre relixión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.