Bad Hersfeld
Bad Hersfeld é unha pequena cidade, a capital do distrito de Hersfeld-Rotenburg, ao leste do Land de Hesse, Alemaña.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Alemaña | ||||
Estado federado | Hessen | ||||
Regierungsbezirk | Rexión de Kassel | ||||
Rural district of Hesse (en) | Distrito de Hersfeld-Rotenburg | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 30.652 (2022) (414,95 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 73,87 km² | ||||
Altitude | 212 m | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Thomas Fehling (pt) | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 36251 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 06621 | ||||
Clave de rexión en Alemaña | 066320002002 | ||||
Número de municipio alemán | 06632002 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | bad-hersfeld.de |
Situada á beiras do río Fulda, é famosa polo seu balneario e o seu festival de música clásica, o Bad Hersfelder Festspiele, que se realiza todos os veráns desde 1951, e polo que a cidade é coñecida como a Salzburgo do norte.
Outra festa famosa na cidade é a Lullusfest, que de celebra o 16 de outubro, en memoria da morte de San Lulo de Hersfeld (710-786) , que foi o primeiro arcebispo permanente de Maguncia e o primeiro abade da abadía de Hersfeld, e que é a festividade local máis antiga do mundo xermanófono.
Bad Hersfeld é ademais famosa por posuír as maiores ruínas dunha igrexa de estilo románico de Europa, a igrexa da citada abadía.
Xeografía
editarSituada a 212 msnm, o municipio ocupa unha superficie de 73,82 km².
Segundo o censo do 31 de decembro de 2021 contaba con 30 101 habitantes,[1] polo que a súa densidade de poboación, nese ano, era de 407 hab./km2.
A cidade atópase na depresión de Hersfeld, que está formada pola confluencia dos ríos Fulda e Haune.
O centro da cidade está na marxe esquerda do Fulda.
Na cidade, o río Geisbach desemboca no Fulda e inmediatamente debaixo da cidade, na marxe dereita, o río Solz.
O punto máis baixo do concello está a 195 m sobre o nivel do mar, na desembocadura do Solz no Fulda, e o punto máis alto está a 408 m sobre o nivel do mar.
As cidades importantes máis próximas a Bad Hersfeld son Kassel, a 52 km ao norte, Gießen, a 79 km ao suroeste.
Galería
editar-
Vista panorámica da cidade
-
Dupla cruz, símbolo da cidade, na entrada ao barrio da abadía
-
Placa de benvida á entrada da cidade, co logotipo dela
-
Ruínas da abadía de Hersfeld
-
Praza fronte á estación do ferrocarril
-
Xardín do balneario de Bad Hersfeld
Notas
editar- ↑ Hessisches Statistisches Landesamt: Bevölkerung in Hessen am 31.12.2021 nach Gemeinden (Landkreise und kreisfreie Städte sowie Gemeinden, Einwohnerzahlen auf Grundlage des Zensus 2011. Bad Hersfeld).
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bad Hersfeld |