Cacao
Cacao | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Árbore do cacao | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Non ameazado | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Theobroma cacao L. |
O cacao ou teobroma (Theobroma cacao L.) é unha árbore da familia Sterculiaceae que dá orixe ao froito chamado cacao.
Características
editarProcede de América Central e do Brasil. Pode atinxir até 6 metros de altura, posúe dúas fases de produción: de cedo (marzo a agosto) e de temporada (setembro a febreiro). A propagación é por sementes, e é planta de clima quente e húmido, o solo ideal é o arxilo-areoso. Por ser unha planta umbrófila, vexeta ben en sub-bosques e matas rareadas sendo, polo tanto, un cultivo extremadamente conservacionista de solos, fauna e flora. Pouco mecanizado, é un cultivo que proporciona un alto grao de xeración de emprego. Encontrou no Sur da Bahia un dos mellores solos e clima para a súa expansión.
O estado da Bahia é o maior produtor do Brasil, porén a súa capacidade produtiva foi reducida até o 60% coa chegada da enfermidade chamada vasoira de bruxa, causada polo fungo fitopatoxenico Crinipellis perniciosa. Brasil entón pasou de país exportador de cacao a importador, non sendo completamente autosuficiente do produto.
A pesar da enfermidade, o cacao aínda constitúe unha grande alternativa económica para o sur da Bahia e posúe na CEPLAC [1]Arquivado 09 de agosto de 2020 en Wayback Machine. (Comisión Executiva do Plano da Lavoura Cacaueira) a súa base de investigación, educación e extensión rural. Co apoio do órgano, foron introfucidos cultivos clonais máis resistentes ao fungo, porén unha alternativa de control máis severo ao patóxeno aínda se fai necesaria. Esta alternativa pode vir cos resultados do Proxecto Xenoma Crinipellis perniciosa, que pretende estudar o xenoma do fungo e elaborar estratexias máis eficientes no seu control biolóxico. É unha iniciativa da CEPLAC que conta co apoio da EMBRAPA e de laboratorios en universidades da Bahia (UFBA, UESC e UEFS) e de São Paulo (UNICAMP).
Do cacao faise o chocolate, tras a moenda das súas améndoas secas, moídas en proceso industrial ou caseiro. Outros subprodutos do cacao inclúen a súa polpa, zume, xelea, destilados finos e sorbete.
Por plantarse á sombra da foresta o cacao foi responsábel da preservación de grandes corredores de bosque atlántico no sur do Estado da Bahia no Brasil.
Produción e comercialización
editarHistoria
editarO cacao era considerado unha froita dada directamente polos deuses aos seres humanos pola civilización maia. E de tan importante que era, virou até moeda de troco. Nesa época na América latina non se facía do cacao o que coñecemos hoxe como chocolate, senón que se usaba directamente o seu froito. A chegada dos españois e o éxito que o cacao tivo entre eles, e o descubrimento do potencial manufactureiro do froito (chocolate e os seus derivados) foron determinantes para a expansión internacional do seu cultivo.
Características da súa comercialización
editarActualmente, mentres o chocolate move globalmente unha economía de 60 billóns de dólares/ano, os produtores de cacao fican apenas cun 3,3% da renda xerada. Dúas causas axudan a explicar esta situación:
- A concentración do seu comercio mundial nas mans dunhas poucas multinacionais, que actúan en réxime de oligopolio.
- O feito de que países produtores exporten maioritariamente o cacao en bruto, sen manufacturar, e polo tanto con pouco valor engadido. De feito, os países máis afamados pola calidade dos seus chocolates, por exemplo, Suíza ou Bélxica, non son produtores nin teñen condicións para selo.
Así e todo, tamén hai comercio xusto onde se deixa aos produtores unha marxe maior de renda e tamén algúns outros servizos técnicos.
Como resposta a esta situación, o PNUD-Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento, adoptou o proxecto Facenda de Chocolate [2] como integrante das Metas do Milenio [3] da ONU.
Países produtores
editarO cacao cultívase principalmente en África do Oeste, América Central, Suramérica e Asia. Segundo a produción anual, recollida pola UNCTAD para o ano agrícola 2005/06, os oito maiores países produtores do mundo son (en orde descendente) Costa do Marfil 38%, Ghana 19%, Indonesia 13%, Nixeria 5%, Brasil 5%, Camerún 5%, Ecuador 4% e Malaisia 1%. Estes países representan o 90% da produción mundial.
Os principais produtores son tamén os maiores exportadores, coa excepción do Brasil e Malaisia, lugares onde o consumo interno absorbe a mayor parte da súa produción. Na América Latina, por exemplo, as exportacións de cacao da República Dominicana superan as do Brasil.
- América do Norte: México.
- América Central: Costa Rica, Guatemala, Honduras, República Dominicana, Panamá, Xamaica, Nicaragua, Granada e as Antillas.
- América do Sur:
- Brasil:
- O Estado da Bahia produce cerca do 80% do cacao do Brasil (~5% do mundo). A rexión cacaueira da Mata Atlántica, ambiente con récords en biodiversidade no planeta, con 476 diferentes especies vexetais por hectárea, rexistrados polo Xardín Botánico de Nova York, tamén pode chamarse a Foresta de Chocolate.
- Alén dun bioma moi diverso en alto risco de extinción, a Mata Atlántica tamén é unha distinción de calidade, unha denominación de orixe do chocolate. As tradicionais facendas de cacao poden se transformar en Facendas de Chocolate [4]Arquivado 29 de setembro de 2007 en Wayback Machine., xerando econegocios, rendas adicionais que axudan a preservar a Foresta de Chocolate [5].
- Ecuador
- Bolivia
- Colombia
- Perú
- Venezuela
- Brasil:
- África: Costa do Marfil, Ghana, Nixeria, e San Tomé e Príncipe.
- Asia: Indonesia (Xava e Sumatra, principalmente), Sri Lanka e Malaisia.
- Oceanía: Samoa e Nova Guinea.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Infografía visual para entender a historia do cacao (en castelán)
- CEPLACArquivado 09 de agosto de 2020 en Wayback Machine.
- Chocolate da Mata Atlántica
- Secuestrar carbono devolvéndoo á sociedade baixo a forma de chocolate.
- WWI-Worldwatch Institute - Venture Capitalism for a tropical forest
- Theobroma cacao (University of Louisiana)
- Theobroma cacao (Purdúe University)
- Theobroma cacao (University of Wisconsin-Madison)
- Theobroma cacao ( Cacau do Brasil - Site que valoriza o cacao como unha cultura que preserva o medio ambiente)