Samoa
Samoa,[1] oficialmente o Estado independente de Samoa[note 1] e ata 1997 coñecido como Samoa Occidental, é un país insular polinesio formado por de dúas illas principais (Savaii e Upolu); dúas illas máis pequenas e habitadas (Manono e Apolima) e varias illas máis pequenas e deshabitadas, incluíndo as Illas Aleipata (Nu'utele, Nu'ulua, Fanuatapu e Namua). Samoa está situada a 64 km. ao oeste de Samoa Americana, 889 km. ao nordeste de Tonga (país estranxeiro máis próximo), 1152 km. ao nordeste de Fidxi, 483 km. ao leste de Wallis e Futuna, 1151 km. ao sueste de Tuvalu, 519 km. ao sur de Tokelau, 4190 km. ao suroeste de Hawai e 610 km. ao noroeste de Niue. A capital é Apia. O pobo Lapita descubriu e asentou no arquipélago de Samoa hai uns 3.500 anos. Desenvolveron unha lingua samoana e unha identidade cultural samoana.
Samoa é unha democracia parlamentaria unitaria con 11 divisións administrativas. O Estado soberano é membro da Commonwealth de Nacións. Samoa Occidental foi admitida nas Nacións Unidas o 15 de decembro de 1976.[2] Debido ás habilidades mariñeiras dos samoanos, os exploradores europeos anteriores ao século XX referíanse a todo o arquipélago (que inclúe a Samoa Americana) como as "Illas dos Navegantes".[3][4] O país foi unha colonia do Imperio Alemán de 1899 a 1915, despois pasou baixo un conxunto británico e Administración colonial neozelandesa ata o 1 de xaneiro de 1962, cando se independizou.
Historia
editarEmigrantes desde o Sueste de Asia chegaron ás illas de Samoa hai máis de 3000 anos atrás e desde alí colonizaron o resto desde Polinesia cara ao leste. O contacto cos europeos chegaron a principios de 1700, pero non se intensificou ata a chegada de misioneiros e comerciantes ingleses, en 1830. Coa chegada do século XX, as illas foron divididas en dúas seccións: as illas do leste chegaron a ser territorio dos Estados Unidos en 1904 e hoxe en día son coñecidas como Samoa Americana; as illas do oeste convertéronse en territorio alemán chegando a coñecerse como Samoa Alemá, despois Samoa Occidental pasou do control alemán ao neozelandés en 1914. Samoa converteuse na primeira illa do océano Pacífico en obter a súa independencia.
En xullo de 1997, a constitución foi reformada para cambiar o nome do país de Samoa Occidental a Samoa. A nación foi coñecida simplemente como Samoa na ONU desde o seu ingreso á organización, en 1976. O veciño territorio estadounidense de Samoa Americana protestou aquel cambio, sentindo que o cambio diminuía a súa propia identidade como país. Os habitantes de Samoa Americana aínda usan os termos Samoa Occidental e samoanos occidentais.
Goberno e política
editarSamoa forma unha monarquía constitucional independente. A constitución de 1960, que tomou formalmente efecto logo da independencia do país, baséase na democracia parlamentaria do Reino Unido, modificada para ter en conta os hábitos de Samoa. Os dous grandes xefes samoanos desde a independencia veñen designando conxuntamente desde o cargo de xefe de Estado. O último xefe de Estado, Malietoa Tanumafili II, que faleceu o 12 de maio de 2007 á idade de 94 anos, ocupou este cargo desde a morte do segundo gran xefe en 1963. O seu posible sucesor será designado pola lexislatura por un mandato de 5 anos.
Organización político-administrativa
editarA Constitución actual entrou en vigor ao tempo da independencia o 1 de xaneiro de 1962. fora elaborada por unha Convención Constitucional en outubro de 1960 e aprobada en maio de 1961 en referendo.
A carta magna establece un modelo singular de República constitucional (2007) no que o Xefe do Estado é elixido polo Parlamento por un período de cinco anos, fóra de quen eran Xefe do Estado ao tempo da independencia que foron declarados Xefes de Estado vitalicios, en virtude dun acordo entre os matai samoanos. O Parlamento denomínase "Fono" e fórmano 49 deputados elixidos por sufraxio universal por cinco anos. O dereito a ser candidato e elixido para 47 dos 49 obrígalles a ser xefes de clan (matai) e os outros 2 deben ser non samoanos. O poder executivo fórmao un primeiro ministro elixido polo Fono. Os ministros deben ser tamén membros da asemblea lexislativa.
Distritos políticos
editarSamoa está composto por once itūmālō (distritos políticos). Estes son os once distritos tradicionais que se estableceron antes da chegada europea. Cada distrito ten a súa propia base constitucional (faavae) sobre a base da tradicional orde de precedencia de títulos atópanse en cada distrito faalupega (tradicionais saúdos).
Nº | Distrito | Capital | Superficie (km2) |
Poboación (Censo 2016)[5] | ||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Upolu (incluídas as illas menores) | ||||||||||||||||||||||||
1 | Tuamasaga | Afega | 479 | 95,907 | ||||||||||||||||||||
2 | A'ana | Leulumoega | 193 | 23,265 | ||||||||||||||||||||
3 | Aiga-i-le-Tai1) | Mulifanua | 27 | 5,029 | ||||||||||||||||||||
4 | Atua2) | Lufilufi | 413 | 22,769 | ||||||||||||||||||||
5 | Va'a-o-Fonoti | Samamea | 38 | 1,621 | ||||||||||||||||||||
Savaii | ||||||||||||||||||||||||
6 | Fa'asaleleaga | Safotulafai | 266 | 13,566 | ||||||||||||||||||||
7 | Gaga'emauga3) | Saleaula | 223 | 7,840 | ||||||||||||||||||||
8 | Gaga'ifomauga | Aopo | 365 | 4,878 | ||||||||||||||||||||
9 | Vaisigano | Asau | 178 | 6,543 | ||||||||||||||||||||
10 | Satupa'itea | Satupa'itea | 127 | 5,261 | ||||||||||||||||||||
11 | Palauli | Vailoa | 523 | 9,300 | ||||||||||||||||||||
Samoa | Apia | 2,831 | 195,979 | |||||||||||||||||||||
1) inclúe as illas Manono, Apolima e Nu'ulopa | ||||||||||||||||||||||||
2) inclúe as Illas Aleipata e a illa Nu'usafe'e | ||||||||||||||||||||||||
3) Exclaves Salamumu e Le'auva'a en Upolu |
Exclaves de distritos políticos
editarTeña en conta que varios distritos inclúen múltiples exclavess:
- Gaga'emauga: ademais da parte principal en Savaii, hai dous pequenos enclaves en Upolu: Salamumu e Le'auva'a { {spaced ndash}}este é o único distrito con áreas nas dúas illas principais
- Satupa'itea: consta de dúas áreas separadas no lado sur de Savaii
- Palauli: consta de dúas áreas separadas no lado sur de Savaii
- A'ana: ademais da parte principal, hai un pequeno enclave (aldea de Satuimalufilufi)
- Va'a-o-Fonoti: ademais da parte principal, hai un pequeno enclave (aldea de Faleāpuna)
- Aiga-i-le-Tai: inclúe as illas Manono, Apolima e Nu'ulopa
- Atua: inclúe as Illas Aleipata e Nu'usafe'e
Xeografía
editarSamoa atópase ao leste da liña internacional de cambio de data e ao sur do ecuador, aproximadamente a metade de camiño entre Hawai e Nova Zelandia, na Polinesia. As illas son de orixe volcánica, e ocupan unha área de 2.934 km². O 96 % do territorio compóñeno as dúas grandes illas de Upolu e Savai'i, e o resto distribúese entre oito pequenos illotes: Manono, Apolima, Nuutele, Nuulua, Namua, Fanuatapu, Nuusafee e Nuulopa. En Upolu habitan case as tres cuartas partes da poboación do país; o seu capital é Apia.
O clima de Samoa é tropical, cunha temperatura media anual de 26,5 °C, e unha estación chuviosa de novembro a abril. O cume máis alto sitúase en Savai'i, e denomínase Silisili con 1.858 metros.
Economía
editar- Artigo principal: Economía de Samoa.
Demografía
editarApia, cunha poboación de 38.800 habitantes (est. 2001), é a capital e o centro comercial de Samoa. O 50 % da poboación de Samoa habita ou traballa no exterior. A maior parte faio en Nova Zelandia, Australia ou na Samoa Americana, primeiro etapa antes de emigrar cara aos Estados Unidos.
Cultura
editarFestas en 2005 | |||
Data | Nome en galego | Nome local | Notas |
---|---|---|---|
1 de xaneiro | Ano Novo | New Year's Day | Todos os anos |
2 de xaneiro | Día Seguindo ao Ano Novo | Day Following New Year's Day | Todos os anos |
4 de xaneiro | Aniversario do Xefe do Estado | Head of State's Birthday | Todos os anos |
17 de xaneiro | Día de Martin Luther King | Martin Luther King's Day | - |
28 de marzo | Luns de Pascua | Easter Monday | - |
17 de abril | Día da Bandeira | Territorial Flag Day | - |
25 de abril | Día de Anzac | Anzac Day | Día en cal hónrase aos veteranos de guerra |
1 de maio | Festa do Pobo | Day of the People | Todos os anos |
14 de maio | Día das Nais de Samoa | Mothers of Samoa Day | - |
1 de xuño | 1er Día da Independencia | Independence Day | Festa Nacional |
2 de maio | 2º Día da Independencia | Independence Day | Festa Nacional |
6 de agosto | Día do Traballo | Labor Day | - |
15 de outubro | Lotu-a-Tamaiti | Children's Sunday | Todos os anos |
2 de novembro | Día das Árbores | Day of Trees | Todos os anos |
25 de decembro | Nadal | Christmas Day | Todos os anos |
Notas
editar- Referencias
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para samoano.
- ↑ "List of Member States: S". United Nations. Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2007. Consultado o 27 de novembro de 2007.
- ↑ "The Navigator Islands". The Argus. 2 de xaneiro de 1882. Arquivado dende o orixinal o 12 de xaneiro de 2022. Consultado o 1 de maio de 2017.
- ↑ "Samoa". Polynesian Culture Center. Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2011.
- ↑ Census 2016 Preliminary Count Report Arquivado 23 de xullo de 2017 en Wayback Machine., Samoa Bureau of Statistics.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Samoa |
Ligazóns externas
editar- "Western Samoa Act, 1961". New Zealand Law online. 1961.
Goberno
Información xeral
- Samoa. The World Factbook. Central Intelligence Agency.
- University of Colorado Arquivado 19 November 2010 en Wayback Machine. from UCB Libraries GovPubs
- Samoa en Curlie (en inglés)
- Samoa from the BBC News
- Wikimedia Atlas de Samoa.
- Samoa Tourism Authority
- Key Development Forecasts for Samoa from International Futures
- Geographic data related to Samoa at OpenStreetMap