Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                

Canaán

Antiga rexión de Oriente Próximo

Canaán[1] (en fenicio 𐤊‏𐤍‏𐤏‏𐤍‏, knʕn; en hebreo: כְּנַעַן , kanaʕan; en árabe کنعان, kanaʕān; en grego Χαναάν, Khanaán) é a denominación antiga dunha rexión de Asia Occidental, situada entre o mar Mediterráneo e o río Xordán e que abrangue parte da franxa sirio-fenicia coñecida tamén coma o Crecente fértil. En 2016 correspóndese co Estado de Israel, a Franxa de Gaza e Cisxordania, xunto coa zona occidental de Xordania e algúns puntos de Siria e o Líbano. As súas estremas comportarían dende a antiga Gaza ao Sur, deica a foz do río Orontes ao Norte, englobando todas as terras non desérticas do interior, até unha profundidade duns 150 km dende a beiramar Mediterránea, deica algúns quilómetros máis aló da ribeira oriental do río Xordán.

Modelo:Xeografía políticaCanaán
𐤊𐤍𐤏𐤍 (phn) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

EpónimoCanaã (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 32°46′00″N 35°20′00″L / 32.76667, 35.33333

Uso do termo

editar

O marco temporal para a utilización do termo Canaán adoita estar comprendido dende o ano 3000 a. C. até que os romanos, durante a súa extensa dominación, mudáronlle o nome polo de Palestina como represalia inmediata contra os hebreos tras sufocar a súa rebelión dos anos 132 a 135.

Canaán era o nome do fillo de Cam, e neto de Noé. Canaán recibiría a maldición de seu avó cando Cam, seu pai, viu a Noé bébedo e espido.[2]

No Dicionario hebreo Strong, «cananeo» recibe o significado de ‘mercador’, ‘comerciante’. «Cananeo» chega a ser símbolo de ‘mercador’ (véxase Proverbios 31:24 e Xob 41:6).

O pobo cananeo era adorador de deuses tales como El (Dagan), Baal e Asera,[3] e iso implicaba un xeito de vida repudiada polos hebreos, o que pode verse nas prohibicións do Antigo Testamento sobre render culto a ditos deuses, especialmente a Asera.

Existen outras denominacións para se referir á mesma rexión, ou partes dela, porén asociadas ás mesmas entidades xeográficas e históricas, tales como Terra de Israel, Xudá, Fenicia, Aram, Siria, etcétera. Tamén eran cananeos os fenicios e importantes cidades que fundaron no Mediterráneo occidental, como o caso de Cartago.

A Biblia , nos evanxeos de Mateu e Marcos, salienta a Simón o Cananeo, refiríndose ao apóstolo Simón (tamén coñecido coma «o celote»), un dos 12 discípulos directos de Xesús Cisto.

Historia e cultura

editar

Canaán é unha zona cunha longa historia, que remonta a súa ocupación ás fases neolíticas máis cedas, con importantes asentamentos ao longo do tempo, coma Xericó, Ugarit, Xerusalén, iro, Sidón, Biblos, Damasco ou Gaza. Foi habitada por pobos moi diversos, como amorreos, xebuseos, hicsos, filisteos, fenicios, arameos, hebreos que por último, conquistaron a varios destes pobos para tomar posesión desta terra.

Canaán salienta pola súa cultura escrita e maila súa literatura. Nas escavacións téñense achado documentos, practicamente contemporáneos, escritos en exipcio, acadio, e dialectos semitas cananeos en distintos sistemas de escritura. Estes últimos procedementos caracterízanse por simplificar os complexos métodos estranxeiros, o xeroglífico exipcio e o silábico cuneiforme que teñen un e dous milleiros de signos, respectivamente, e con frecuencia diversas lecturas para un signo. A primeira simplificación no silabario de Biblos, que totaliza un centenar aproximado de signos diferentes.