Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                

Carlos Baliñas Fernández

profesor e filósofo galego

Carlos-Amable Baliñas Fernández, nado en Vilarchán (Quireza, Cerdedo-Cotobade) o 16 de decembro de 1930, é un profesor e filósofo galego. É pai do historiador Carlos Baliñas Pérez.

Modelo:BiografíaCarlos Baliñas Fernández

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento16 de decembro de 1930 Editar o valor en Wikidata (93 anos)
Quireza, España Editar o valor en Wikidata
Catedrático
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Universidade de Múnic
Universidade Complutense de Madrid
Universidade Pontificia Comillas Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfilósofo, profesor universitario, profesor de ensino secundario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosCarlos Baliñas Pérez Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1000192 BUSC: balinas-fernandez-carlos-1930

Traxectoria

editar

Fixo os estudos de filosofía na Universidade de Comillas (Cantabria). Ingresou a estudar Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela en 1954, trasladándose tres anos despois a Universidade Central de Madrid (actual Universidade Complutense) para facer o segundo ciclo da carreira, onde acadou o título de licenciado en Filosofía, esta vez no ámbito civil. Obtivo unha bolsa da Banca Juan March para completar estudos na Universidade de Múnic (Alemaña), o que o puxo en contacto coas correntes da filosofía europea.

En 1960 incorporouse como Catedrático de Ensino Medio de Filosofía. Exerceu a docencia nos institutos de León,[1] IES Santa Irene de Vigo e IES Arcebispo Xelmírez de Santiago de Compostela. En 1963 acadou o doutoramento en Filosofía pola Universidade de Madrid coa tese La historicidad del ser, el concepto de Historia, dirixida por Santiago Montero Díaz.[1]

En 1969 obtivo a Cátedra de Fundamentos da Filosofía e Historia dos sistemas filosóficos da Universidade de Santiago de Compostela. Previo a súa incorporación á universidade compostelá, exerceu de catedrático na Universidade de Barcelona e na Universidade Complutense de Madrid. Xa en Compostela, conseguiu dun xeito sorpresivo a creación dunha Facultade de Filosofía e Ciencias da Educación. Foi decano desta facultade moitos anos.

Participou en política, sendo candidato ao Senado no ano 1977 pola Candidatura Democrática Galega.[2] Foi tamén membro de varias fundacións e padroados.

O seu campo de traballo intelectual recorre a publicación de numerosos libros (El acontecer histórico, Amor Ruibal en su tiempo y en el nuestro, Descubrindo a Otero Pedrayo, Rosalía de Castro, entre a poesía e a política, Galicia de papel etc), artigos en revistas especializadas (Revista de Filosofía, Agora, Grial ou Anthropos), entradas en enciclopedias (Enciclopedía de la Cultura Hispánica ou a Gran Enciclopedia Rialp) e na prensa escrita (El Correo Gallego, El Ideal Gallego e La Voz de Galicia). En 1984 participou na Semana Galega de Filosofía.

Recoñecementos

editar

No ano 2000, foille concedida a Medalla Castelao da Xunta de Galicia.[1]

No 2017, recibiu o Premio Trasalba.[3]

No 2023, foi nomeada académico da Academia Xacobea.[4]

Vida persoal

editar

Foi irmán de Dositeo Valiñas[5] (1921-2024), que foi crego en Ribadumia moitos anos.

É pai do historiador Carlos Baliñas Pérez.

  1. 1,0 1,1 1,2 "Carlos Amable Baliñas Fernández 1930". filosofia.org (en castelán). 2001. Consultado o 29 de novembro de 2023. 
  2. "Notas aclaratorias Elecciones 1977". historiaelectoral.com. Consultado o 2023-11-29. 
  3. Redacción (28 de abril de 2017). "El profesor y filósofo Carlos Baliñas, alumno de Pedrayo, elegido Premio Trasalba 2017". farodevigo.es (en castelán). Consultado o 29 de novembro de 2023. 
  4. Redacción (15 de novembro de 2023). "Cinco nuevos académicos de honor refuerzan la Academia Xacobea". mundiario.com (en castelán). Consultado o 29 de novembro de 2023. 
  5. Reboyras, Arturo (2024-01-24). "Profundo dolor por la muerte del sacerdote Dositeo Valiñas Fernández, a los 102 años". El Correo Gallego (en castelán). Consultado o 2024-01-25. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar