Quelicerados
Quelicerados Chelicerata | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Limulus polyphemus | |||||||
Clasificación científica | |||||||
| |||||||
Clases | |||||||
|
O dos quelicerados (Chelicerata) constitúen un subfilo do filo dos artrópodos.
Diferéncianse dos demais artrópodos, entre outras características, por careceren de antenas e de mandíbulas, e por presentaren quelíceros (ao que deben o seu nome).
Estes animais, na súa maior parte depredadores, sobreviviron á extinción dos trilobites, artrópodos mariños moi comúns no cámbrico e cos que están relacionados filoxeneticamente.
Características
editarTeñen o corpo tipicamente dividido en dúas rexións ou tagmas, unha anterior denominada prosoma (ou cefalotórax) e unha posterior ou opistosoma (abdome).
O prosoma componse do acron presegmentario e 6 segmentos, e a miúdo está cuberto por un escudo dorsal. Presenta 6 pares de apéndices, todos eles multiarticulados e unirrámeos: quelíceros (apéndices bucais), pedipalpos e 4 pares de patas marchadoras. Teñen ollos compostos laterais e/ou ollos simples mediais.
O opistosoma, formado por até 12 segmentos e máis o telson, presenta apéndices moi diferenciados ou ben carece deles, segundo os grupos.
Coñécense máis de 70 000 especies actuais de quelicerados, case todas pertenecientes á clase dos arácnidos.
Taxonomía
editarDescrición
editarO subfilo dos quelicerados foi descrito en 1951 polo zoólogo alemán Richard Heymons.
Etimoloxía
editarO termo Chelicerata está formado polos elementos do latín científico cheli- e -cerata, tirados do grego antigo χελή chelé, "pinza" e κέρας, κέρατος kéras, kératos, "corno", coa desinencia -a indicando plural.
Clasificación
editarO subfilo dos quielicerados subdivídese nas tres clases seguintes:[1][2]
Subfilo Chelicerata
Notas
editar- ↑ Chelicerata no WoRMS.
- ↑ Chelicerata no ITIS.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Quelicerados |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Quelicerados |
Bibliografía
editar- Brusca, R. C. e G. J. Brusca (2005): Invertebrados. Madrid: McGraw-Hill Interamericana de España. ISBN 978-84-486-0246-8.
- Rupppert, E. E.; R. S. Fox & R. D. Barnes (2004): Invertebrate Zoology 7ª ed. Stamford, Connecticut (EE.UU.): Brooks/Cole ISBN 0-03-025982-7.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Chelicerata Arquivado 30 de setembro de 2012 en Wayback Machine. en Fauna Europaea. (en inglés) Consultada o 10/01/2012.
- Chelicerata no SIIT (en inglés). Consultada o 23/05/2019.
- Chelicerata na ADW (en inglés). Consultada o 10/01/2012.
- Chelicerata na EOL (en inglés). Consultada o 4/12/2016.
Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |