Corpo
Con respecto aos seres vivos, un corpo é o material físico íntegro dun individuo. O termo "corpo" a miúdo é utilizado en relación coa aparencia, cuestións de saúde e mais a morte. O estudo dos traballos do corpo é a fisioloxía.
Corpo humano
editar- Artigo principal: Corpo humano.
O corpo humano adoita consistir nunha cabeza, un pescozo, un torso, dous brazos e dous pernas, así como numerosos órganos internos agrupados en distintos sistemas, como o respiratorio, circulatorio e outro nervioso central.
Variacións
editarUn corpo morto dun ser humano é referido como un cadáver ou os restos mortais. O estudo da estrutura do corpo é chamado anatomía.
Limitacións
editarEn certos contextos, unha parte superficial do corpo, como o cabelo, pode non ser considerado parte del, incluso cando se atopa suxeito. O mesmo é aplicable ás substancias excretables, coma as feces. Deste xeito, consideraríase que unha planta no posúe corpo algún malia estar formado por células.
Antónimos
editarSegundo as opinións que saen da dicotomía mente-corpo, o corpo é considerado no comportamento e, polo tanto, considérase como pouco valorado[1] e trivial. Por outra banda, moitos filósofos modernos da mente manteñen que a mente é algo que vai separado do corpo[2].
Notas
editar- ↑ The mind-body problem by Robert M. Young
- ↑ Kim, J. (1995). Honderich, Ted, ed. Problems in the Philosophy of Mind. Oxford Companion to Philosophy. Oxford: Oxford University Press.
Vexa a entrada do Galizionario acerca de corpo |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Corpo |