Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                

Pescozo

parte do corpo que une a cabeza co tronco

En anatomía, o pescozo ou colo é a parte máis estreita do corpo que une a testa co tronco na maioría dos animais vertebrados.

Pescozo humano feminino.

Aparición

editar

O pescozo aparece por primeira vez no rexistro fósil nos primeiros animais que desenvolveron patas para desprazarse por terra, no período cámbrico da era paleozoica, en protoanfibios.

O primeiro animal con pescozo do que se ten coñecemento é o Tiktaalik roseae, que viviu hai 383 millóns de anos en ambientes continentais de lagoas e ríos. Cun corpo alongado e un fociño máis alongado có dos peixes, posuía aletas con ombreiros, cóbados e pulso. A súa descrición foi publicada o 6 de abril de 2006 por Edward Daeschler, da Academia de Ciencias Naturais dos Estados Unidos e Neil Shubin, da Universidade de Chicago, na revista científica Nature [1].

 
Anatomía do pescozo. Por Leonardo Dá Vinci (c. 1515)

Anatomía do pescozo humano

editar

Conformación exterior

editar

A forma é cilindroide, coa súa circunferencia inferior máis ampla. A lonxitude está determinada pola superposición das sete primeiras vértebras (columna vertebral cervical). A anchura (grosor) está determinada polo desenvolvemento das masas musculares e polos depósitos do tecido celular graxo.

Límites do pescozo

editar

Desde o punto de Erb cara a abaixo fórmase o triángulo supraclavicular, que ten como límites:

  1. Por diante o músculo esternocleidomastoideo.
  2. Por detrás o músculo trapecio.
  3. En profundidade, os músculos escalenos e a vaíña vasculonerviosa que pecha o espazo interescalénico anterior.
  4. Por fóra a fascia cervical superficial.
  5. Por baixo o músculo omohioide e a clavícula.
  • Límite inferior: está formado pola cara superior da clavícula, unha liña que se proxecta ata a articulación acromioclavicular, e outra que une a do outro lado coa apofise espiñenta da sétima vértebra cervical.
  • Límite anterior: está formado pola confluencia da fascia común ou liña branca infrahioide e a dos músculos prelarínxeos.

Órganos internos do pescozo

editar
 
Músculos do pescozo

Podemos distinguir nun corte axial ou horizontal do pescozo:

  • Medula espiñal.
  • Columna vertebral cervical.
  • Músculos do pescozo: pódense apreciar tres rexións
    • Rexión lateral do pescozo: músculo cutáneo do pescozo ou platisma, músculo esternocleidomastoideo, músculos escalenos (anterior, medio e posterior), músculo recto lateral da testa.
    • Rexión anterior ou hioide: divídense en suprahioides e infrahioides. Para máis información véxase hioide.
      • Suprahioides: músculo digástrico, músculo estilohioide, músculo milohioide, músculo xenihioide.
      • Infrahioides: músculo esternoesternocleidohioide, omohioide, esternotiroide, tirohioide.
    • Rexión prevertebral: recto anterior maior da cabeza, recto anterior menor da cabeza e músculo longo do pescozo.
  • Arterias do pescozo.
  • Veas do pescozo.
  • Ganglios linfáticos do pescozo.
  • Farinxe.
  • Larinxe.
  • Traquea.
  • Glándula tiroide.
  • As fascias do pescozo son máis de tres:
    • A fascia cervical superficial, que rodea todo o pescozo exteriormente, por baixo da pel, envolvendo o esternocleidomastoideo, o músculo trapecio e a vea xugular externa.
    • A fascia cervical media, que rodea os músculos infrahioides por diante, o espazo vascular carotídeo co seu contido (arterias carótides, vea xugular interna, e nervio pneumogástrico) e as vísceras do pescozo (traquea, esófago e glándula tiroide).
    • A fascia cervical profunda, que envolve a musculatura prevertebral e paravertebral e músculos escalenos.

Rexións ganglionares do pescozo

editar
  • Nivel I: ganglios submandibulares.
  • Nivel II: ganglios subdigástricos ou xugulares altos.
  • Nivel III: ganglios xugulares medios.
  • Nivel IV: ganglios xugulares baixos ou supraclaviculares.
  • Nivel V: ganglios espiñales ou cervicais posteriores.