Larinxe
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
A larinxe é un tubo músculo cartilaxinoso da parte superior do aparello respiratorio e órgano esencial na fonación. Forma parte do eixo visceral do pescozo, localizada na liña media, por diante da farinxe, de tal maneira que a parede posterior da larinxe está pegada á parte anterior do esófago. Os aneis cartilaxinosos da larinxe mantéñena sempre aberta, pero a estrutura péchase durante a deglutición para evitar broncoaspiracións. Máis concretamente é unha cartilaxe larínxea denominada epiglote a encargada desta acción.
Larinxe | |
---|---|
Anatomía da larinxe, vista anterolateral | |
Imaxe endoscópica da larinxe |
Esténdese dende a segunda ou terceira vértebra cervical ata a sexta, punto no que comeza a traquea. Mantense nesta posición debido a que está unida ó hioide, á lingua, á base do cranio, á farinxe e a que se continúa coa traquea.
Relacións da larinxe
editarRelacións anteriores:
- Músculo cutáneo do pescozo, envolto na fascia superficial do pescozo.
- Veas xugulares anteriores, unidas entre si por unha anastomose.
- Músculos infrahioides: esternohioide, esternotirohioide, tirohioide, omohioide.
- Lóbulo piramidal da glándula tiroide. Este lóbulo é inconstante.
Relacións laterais:
- Paquete vasculonervioso do pescozo: arteria carótide común, vea xugular interna e nervio vago.
- Arteria tiroide superior.
- Nervio larínxeo superior.
- Nervio larínxeo inferior.
- Lóbulos da glándula tiroide.
Relación posterior:
Cartilaxes larínxeas
editarPresenta nove cartilaxes, unhas son únicas: tiroide, cricoide e epiglote, e outras dobres: aritenoides, cuneiformes e corniculados. Pode haber outras cartilaxes que, a diferenza destas, son inconstantes: son os tritíceos e os sesamoides.
Articulacións larínxeas
editarHai dúas articulacións larínxeas móbiles: a articulación cricotiroide (plana, só permite pequenos desprazamentos) e a articulación cricoaritenoide (tipo trocoide, permite desprazamento e rotación; é a articulación da tensión das cordas vocais).
A primeira delas establécese entre a cartilaxe cricoide (na confluencia da lámina co anel cricoide) e as hastas menores da cartilaxe tiroide. A segunda, cricoaritenoide, establécese sobre a superficie superior do anel cricoide e a base das cartilaxes aritenoides.
Existe unha terceira articulación larínxea, pero non é móbil. Trátase da articulación aritenocorniculada, entre as cartilaxes aritenoides e os corniculados.
Membranas e ligamentos
editar- Membrana tirohioide: une a tiroide ó óso hioide. Os bordos laterais son os ligamentos tirohioides laterais. A membrana está perforada polo ramo interno do nervio larínxeo superior e polos vasos larínxeos superiores.
- Membrana cricotiroide: une tiroide e cricoide.
- Membrana cricotraqueal: une o cricoide ó primeiro anel traqueal.
- Ligamento glosoepiglótico.
- Ligamento hioepiglótico.
- Ligamentos aritenoepiglóticos.
- Ligamento tiroepiglótico.
- Ligamentos tiroaritenoides superior e inferior.
- Membrana fibroelástica.
Músculos da larinxe
editar- Músculo cricotiroide ou tensor das cordas vocais.
- Músculo cricoaritenoide posterior ou dilatador da glote.
- Músculo tiroaritenoide interno ou vocal.
- Músculo tiroaritenoide externo.
- Músculo ariaritenoide ou interaritenoide.
- Músculo cricoaritenoide lateral.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Larinxe |