Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                

Commodore 64

ordenador persoal de 8-bits de 1982

O Commodore 64, tamén coñecido como C64, C-64, C= 64, e ocasionalmente CBM 64 ou VIC-64,[3] é un ordenador persoal de 8-bits introducido en xaneiro de 1982 por Commodore International. Atópase no Libro Guinness dos Récords como o modelo de computadora máis vendido de tódolos tempos,[4] con estimacións independentes que indican un número de unidades vendidas de entre 10 e 17 millóns de unidades.[5]

Commodore 64
Información xeral
TipoOrdenador persoal
Información comercial
Data de lanzamentoAgosto de 1982[1][2]
LonxevidadeAta abril de 1994
Información técnica
Sistema operativoCommodore KERNAL/
Commodore BASIC 2.0
Memoria64 kB RAM + 20 kB ROM
GráficosVIC-II
SonSID 6581
AntecesorCommodore VIC-20
Commodore MAX Machine
SucesorCommodore 128

A súa produción deu comezo no 1982, coas primeiras unidades postas no mercado en agosto dese ano a un prezo de 595 $ (equivalentes a 1481,25 $ no 2016).[6][7] Precededido polo Commodore VIC-20 e o Commodore PET, o Commodore 64 toma o seu nome dos seus 64 kB de RAM, e ten unhas especificacións técnicas de son e gráficos superiores en comparación con outros sistemas previos como o Apple II e o Atari 800, con sprites de múltiples cores e un procesador de son máis avanzado.

O Commodore 64 dominou o mercado de ordenadores persoais de baixa gama durante gran parte dos anos 1980.[8] Entre os anos 1983 e 1986 o Commodore 64 tiña entre un 30% e o 40% da cota de mercado nos Estados Unidos e vendeu uns dous millóns de unidades por ano,[9] vendendo máis unidades que os ordenadores de IBM, Apple Inc. e Atari 8-bit. No mercado británico, a principal competición do Commodore 64 foron o BBC Micro e o ZX Spectrum,[10] pero o Commodore 64 mantívose como un dos dous ordenadores máis populares no Reino Unido.[11]

Parte do éxito do Commodore 64 foi debido a que se vendeu en tendas de todo tipo no lugar de facelo só en tendas de electrónica ou de computadoras. Commodore produciu moitas das súas partes na súa propia empresa para controlar os custos, incluíndo chips IC personalizados de MOS Technology. Foi comparado co automóbil Ford T polo seu papel na introdución de nova tecnoloxía nas casas de clase media grazas a súa creativa produción en masa.[12] Publicáronse ó redor duns 10 000 títulos de software comercial para o Commodore 64, incluíndo ferramentas de desenvolvemento, aplicacións de produtividade para a oficina e videoxogos.[13] Os emuladores de Commodore 64 permiten executar estes programas cun ordenador moderno ou videoconsola compatible.[14]

  1. "World of Commodore Brochure (1983)" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de marzo de 2019. Consultado o 29 de xuño de 2016. 
  2. "July 1982 Commodore brochure" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de febreiro de 2012. Consultado o 29 de xuño de 2016. 
  3. VIC 64 Användarmanual. Consultado o 12 de marzo de 2007.
  4. "The Commodore 64, that '80s computer icon, lives again". Consultado o 17 de novembro de 2014. 
  5. "How many Commodore 64 computers were really sold?". Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2016. Consultado o 29 de xuño de 2016. 
  6. Perry, Tekla S.; Wallich, Paul (March 1985). "Design case history: the Commodore 64" (PDF). IEEE Spectrum: 48–58. ISSN 0018-9235. 
  7. "IEEE Spectrum". 1985. Consultado o 3 de novembro de 2014. 
  8. "Inside the Commodore 64". PCWorld. 4 de novembro de 2008. Consultado o 17 de novembro de 2014. 
  9. Reimer, Jeremy. "Total share: 30 years of personal computer market share figures". Ars Technica. Consultado o 10 de outubro de 2014. 
  10. "Commodore 64 Turns 30". 
  11. Zuckerman, Faye (17 de novembro de 1984). "Now Playing". BillBoard (Billboard Publications) 96 (46): 23. 
  12. Kahney, Leander (9 de setembro de 2003). "Grandiose Price for a Modest PC". CondéNet, Inc. Consultado o 13 de setembro de 2008. 
  13. "Impact of the Commodore 64: A 25th Anniversary Celebration". Computer History Museum. Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2017. Consultado o 13 de setembro de 2008. 
  14. Swenson, Reid C. (2007). "What is a Commodore Computer? A Look at the Incredible History and Legacy of the Commodore Home Computers". OldSoftware.Com. Consultado o 19 de novembro de 2007. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Angerhausen, M.; Becker, Dr. A.; Englisch, L.; Gerits, K. (1983, 84). The Anatomy of the Commodore 64. Abacus Software / First Publishing Ltd. ISBN 0-948015-00-4
  • Bagnall, Brian (2005). On the Edge: the Spectacular Rise and Fall of Commodore. Variant Press. ISBN 0-9738649-0-7.