Cosmas Indicopleustes
Cosmas Indicopleustes (literalmente "o que navegou á India"), de Alexandría, foi un mercador grego e despois un monxe, probabelmente con tendencias nestorianas[1]. Viaxou moito durante o século VI e foi diversas veces á India durante o reinado do emperador romano Xustiniano. A súa Topographia Christiana contén algúns dos máis antigos e famosos mapamundis[2].
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século VI Alexandría, Exipto |
Morte | século VI Alexandría, Exipto |
Relixión | Nestorianismo |
Actividade | |
Ocupación | explorador, escritor, astrónomo, xeógrafo |
Período de actividade | (Con vida en: século VI ) |
Profesores | Mar Aba I (pt) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok The Nuttall Encyclopædia >>>:Cosmas Indicopleustes Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Topographia Christiana
editarPor volta de 550, Cosmas escribiu Topografia Christiana, moi ricamente ilustrado, unha obra baseada en parte nas súas experiencias persoais como mercador no Mar Vermello e no océano Índico no inicio do século VI. A súa descrición da India e de Sri Lanka neste período é de valor inestimábel para os historiadores. Cosmas aparece como un guía interesante e fiábel, informando sobre un mundo que xa non existe Estaba en Adulis na costa eritrea do Mar Vermello cando o rei de Axum estaba preparando unha campaña militar para atacar o rei xudeu Dhu Nuwas, no Iemen, que viña perseguindo os cristiáns. A pedido do rei axumita e como preparación para a súa campaña, preservou algunhas inscricións hoxe perdidas, como a do Monumentum Adulitanum (erroneamente atribuído a Tolomeo III Everxetes).
Indicopleustes
editarMalia ser xa coñecido que existía un comercio entre o Imperio romano e a India a partir do século -I a través de fontes na literatura clásica (principalmente Periplus Maris Erythraei), o relato de Cosmas é un dos poucos feitos por individuos que de feito fixeron a viaxe. Describiu e debuxou o que viu e algúns destes manuscritos foron copiados para as versións actuais, datando a máis antiga do século IX. En 522 visitou a costa de Malabar (sur da India) e foi o primeiro viaxeiro en mencionar a existencia de cristiáns siríacos na rexión:
“ | Na illa de Taprobane (Ceilán), hai unha igrexa de cristiáns, con clérigos e fieis. Tamén en Malé, onde crece a pementa, e na cidade de Kalliana hai un bispo consagrado en Persia. | ” |
— Topografia Christiana, Cosmas Indicopleustes[3]
|
Terra plana
editarUnha característica fundamental da súa Topographia é o punto de vista de Cosmas de que o mundo é plano e que o ceo ten a forma dunha caixa cunha tampa curva. Desdeñaba a opinión de Tolomeo e outros que crían que o mundo era esférico. Cosmas buscaba probar que os xeógrafos precristiáns estaban errados ao afirmar que a Terra era esférica afirmando polo contrario fora modelada no tabernáculo, o templo descrito a Moisés por Deus durante o Éxodo do Exipto. Porén, esta idea de que a terra sería plana xa era minoritaria nos círculos máis educados do occidente xa desde o século -III.[4]. O punto de vista de Cosmas nunca foi moi influente, mesmo nos círculos relixiosos e un cristián case contemporáneo, Xoán Filopono, discordaba del, así como a maior parte dos filósofos cristiáns da época[2].
Notas
editar- ↑ Beatrice Nicolini, Penelope-Jane Watson (2004). Makran, Oman, and Zanzibar: Three-terminal Cultural Corridor in the Western Indian Ocean (1799-1856) (en inglés). Brill. ISBN 90-04-13780-7.
- ↑ 2,0 2,1 "Cosmas". Encyclopædia Britannica (en inglês). Consultado o 06/05/2011.
- ↑ Cosmas Indicopleustes. "Topographia Cristiana". Tertullian.org (en inglés). Consultado o 06/05/2011.
- ↑ Russell, Jeffrey B. "The Myth of the Flat Earth". American Scientific Affiliation. Consultado o 06/05/2011.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Kenneth Willis Clark collection of Greek Manuscripts: Cosmas Indicopleustes, Topographia. (en inglés)
- Cosmas Indicopleustes, ed. J.W. McCrindle (1897). The Christian Topography of Cosmas Indicopleustes. Hakluyt Society. (Reissued by Cambridge University Press, 2010. ISBN 978-1-108-01295-9) (en inglés)
- Cosmas Indicopleustes, Eric Otto Winstedt (1909). The Christian Topography of Cosmas Indicopleustes. The University Press
- Jeffrey Burton Russell (1997). Inventing the Flat Earth. Praeger Press (en inglés)
- Dr. Jerry H Bentley (2005). Traditions and Encounters. McGraw Hill. (en inglés)
- Wanda Wolska-Conus. La topographie chrétienne de Cosmas Indicopleustes: théologie et sciences au VIe siècle Vol. 3, Bibliothèque byzantine. París: Presses Universitaires de France, 1962. (en francés)
- Cosmas Indicopleustes. Cosmas Indicopleustès, Topographie chrétienne. Translated by Wanda Wolska-Conus. 2 vols. París: Les Editions du Cerf, 1968. (en francés)
Ligazóns externas
editar- "Topographia Cristiana". Tertullian.org (en inglés).
- "Topographia Cristiana". Christian Classics Ethereal Library (en inglés).
- "Opera Omnia con índices analíticos". Patrologia Graeca (en grego).