Dubrovnik
Dubrovnik (en croata pronunciado /dǔbroːʋniːk/ (axuda · info), Ragusa en italiano) é unha cidade costeira da Croacia localizada no extremo sur da Dalmacia, bañada polo Mar Adriático. É un dos balnearios máis importantes do país, tamén é importante como porto e famosas as súas murallas perfectamente conservadas a través do tempo e das guerras e é a capital do condado de Dubrovnik-Neretva. Cunha poboación de 43.770 habitantes (censo de 2001), a maior parte dos seus habitantes é de orixe croata (88,39 %). Pola súa beleza natural e polo que representa para a historia, Dubrovnik é coñecida como "a perla do Adriático".
Lema | «La liberté ne se vend pas même pour tout l'or du monde» | ||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||||||
| |||||||||
Estado | Croacia | ||||||||
Condado | Dubrovnik-Neretva (pt) | ||||||||
Capital de | |||||||||
Poboación | |||||||||
Poboación | 41.562 (2021) (291,46 hab./km²) | ||||||||
Xeografía | |||||||||
Parte de | |||||||||
Superficie | 142,6 km² | ||||||||
Altitude | 10 m | ||||||||
Datos históricos | |||||||||
Creación | século VII | ||||||||
Evento clave
| |||||||||
Santo padrón | Brais de Sebaste | ||||||||
Organización política | |||||||||
• Xefe do goberno | Andro Vlahušić (pt) | ||||||||
Membro de | |||||||||
Identificador descritivo | |||||||||
Código postal | 20000 | ||||||||
Prefixo telefónico | 020 | ||||||||
Outro | |||||||||
Irmandado con | Rávena Trani (pt) Hakkâri Venecia Punta del Este (pt) Cerro de Pasco (pt) Monterey Boller (en) Haikou Saraxevo Vukovar (pt) Helsingborg (municipio) Ragusa Bad Homburg vor der Höhe (pt) Graz (1994–) Rueil-Malmaison (2011–) | ||||||||
Páxina web | dubrovnik.hr | ||||||||
A cidade é considerada patrimonio da humanidade pola UNESCO. O seu patrón é Brais de Sebaste.
Na cultura popular
editarDubrovnik é o escenario para representar a cidade ficticia de King's Landing e as localizacións da personaxe de Daenerys Targaryen na serie de televisión da HBO Game of Thrones. As localizacións empregadas na rodaxe inclúen a rúa St. Dominic, a illa de Lokrum, os palacios de Knežev dvor e Sponza , Lovrijenac (Forte de St. Lourenzo), o Forte Bokar e a torre Minčeta.[1]
Notas
editar- ↑ Dubrovnik in the spotlight Arquivado 11 de marzo de 2013 en Wayback Machine., jaywaytravel.com.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |