Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                

Edgar Ende

artista alemán

Edgar Karl Alfons Ende, nado en Altona (Hamburgo) o 23 de febreiro de 1901 e finado en Baiern (distrito de Ebersberg) o 27 de decembro de 1965, foi un pintor surrealista alemán e pai do novelista de literatura infantil e xuvenil Michael Ende.[1]

Modelo:BiografíaEdgar Ende

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Edgar Carl Alfons Ende Editar o valor en Wikidata
23 de febreiro de 1901 Editar o valor en Wikidata
Altona, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte27 de decembro de 1965 Editar o valor en Wikidata (64 anos)
Baiern, Alemaña (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeLuise Ende Editar o valor en Wikidata
FillosMichael Ende Editar o valor en Wikidata
IrmánsHelmuth Ende Editar o valor en Wikidata

Páxina webedgarende.de Editar o valor en Wikidata
Musicbrainz: de52e973-74c2-4186-8cb0-c58bdc874238 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Primeiros anos

editar

Ende asistiu á Escola de Artes e Oficios de Altona de 1916 a 1920. En 1922 casou con Gertrude Strunck, pero divorciouse catro anos despois. Volveu casar en 1929, o mesmo ano en que naceu o seu fillo Michael.

Anos do nazismo

editar

Na década de 1930 as pinturas surrealistas de Ende comezaron a atraer unha considerable atención da crítica, pero despois foron condenadas como dexeneradas polo goberno nazi. A partir de 1936 os nazis prohibíronlle seguir pintando e expoñendo a súa obra. En 1940 foi recrutado na Luftwaffe como operador de artillaría antiaérea.

A maioría das súas pinturas foron destruídas por un bombardeo en Múnic en 1944, o que fixo que a súa obra de preguerra que superviveu sexa extremadamente rara.

Despois da guerra

editar

En 1951, Ende coñeceu ao recoñecido fundador do surrealismo, André Breton, quen admiraba a súa obra e declarouno surrealista oficial. Continuou pintando obras surrealistas até a súa morte en 1965 por un infarto de miocardio.

Pénsase que as pinturas de Ende tiveron unha influencia significativa na escritura do seu fillo. Isto dedúcese nas escenas que representan as pinturas de soños surrealistas do Minroud de Yor en Die Unendliche Geschichte (A historia sen fin), e explícitouse no libro de Michael Ende Der Spiegel im Spiegel (O espello no espello), unha colección de contos baseada (e impresa xunto con) nas obras surrealistas de Edgar Ende.

  1. Ramírez, Ana (2021-02-18). "El pintor 'degenerado' que inspiró los mundos de Michael Ende". elconfidencial.com (en castelán). Consultado o 2023-07-31. 

Véxase tamén

editar


Ligazóns externas

editar
  • www.edgarende.de - Información ampla, incluíndo imaxes do seu traballo (alemán e inglés).