Efialtes (fillo de Xea)
Na mitoloxía grega, Efialtes (Ἐφιάλτης / Ephiáltēs) foi un xigante, fillo de Xea (a Terra), creados a partir do sangue que caeu sobre a Terra cando Urano (o Ceo) foi castrado polo seu fillo, o titán Cronos.[1] Hixino dáo como fillo de Xea e Tártaro.[2]
Biografía | |
---|---|
Familia | |
Pais | Urano e Xea |
Descrito pola fonte | The Nuttall Encyclopædia >>>:Ephialtes |
Como tódolos xigantes fillos de Xea, Efialtes era un ser de tamaño e forza descomunais, de aparencia humana, agás na metade inferior do corpo, no que en lugar de pernas tiña unha cola de serpe.
Efialtes e os outros xigantes participaron na Xigantomaquia, a guerra entre os xigantes e os deuses, e foi morto pola acción conxunta de Apolo e de Heracles, que lle atravesaron coas súas frechas un ollo cada un.[3] Nese momento, Efialtes acababa de vencer a Ares, a quen obrigou a axeonllarse ante el pero cando o viu Apolo disparoulle unha frecha no ollo esquerdo e chamou a Heracles, que lle cravou outra no ollo dereito[4][5].
Na Divina Comedia de Dante nárrase o encontro junto de Dante e Virxilio con este Xigante nos infernos.
Notas
editar- ↑ Hesíodo: Teogonía 185. Un paralelismo do nacemento dos xigantes atópase no nacemento de Afrodita a partir do mar igualmente fertilizado polos xenitais de Urano.
- ↑ Hixino: Fábulas, prólogo 4.
- ↑ Os Xigantes eran inmortais salvo en casos de colaboración entre un deus e un mortal.
- ↑ Apolodoro I, 6, 2; Graves (1985), p. 146
- ↑ Grimal, s. v. Efialtes.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Graves, Robert (1985). Los mitos griegos (en castelán) I. 1ª reimpresión (1ª ed.). Madrid: Gredos. ISBN 978-8424999940.
- Grimal, Pierre (1989). Diccionario de mitología griega y romana (en castelán) (1ª (1981), 4ª reimpr. 1989 ed.). Barcelona: Paidós. ISBN 84-7509-166-0.
- Hixino (2009). Fábulas mitológicas. Serie: Libro de bolsillo nº 8307, Clásicos de Grecia y Roma (en castelán). Madrid: Alianza Editorial. ISBN 9788420650722.
- Apolodoro (1987). Calderón Felices, José, ed. Biblioteca Mitolóxica. Serie: Clásica (en castelán). Madrid: Akal. ISBN 84-7600-179-7.