Estevo IX, papa
(Redirección desde «Estevo IX»)
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
Estevo IX (X) (circa 1020 - 29 de marzo de 1058) foi Papa da Igrexa católica desde o 3 de agosto de 1057 ata a súa morte. O seu nome era Frederico e era o irmán máis novo de Gofredo, Duque da Alta Lorena, o cal na súa calidade de marqués de Toscana (polo seu matrimonio con Beatriz, viúva de Bonifacio, marqués de Toscana), xogou un papel importante na política da época.
- A numeración do Papas de nome Estevo é controvertida, para máis información ver Estevo, papa electo
No momento da súa elección era abade de Montecassino, o ano seguinte á súa elección marchou a Florencia para organizar xunto o seu irmán unha expedición militar contra os normandos, nesa cidade enfermou de malaria e faleceu.
Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |