Eurozona
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2017.) |
A eurozona ou zona euro é unha rexión europea que agrupa os países da Unión Europea que teñen como moeda oficial o euro (€). O Banco Central Europeo é o responsábel da política monetaria na zona euro, e o eurogrupo é o órgano político que reúne os representantes dos países que utilizan esta moeda.
Eurozona | |
---|---|
Tipo | Unión monetaria |
Data de fundación | 1 de xaneiro de 1999 |
Na rede | |
http://www.eurozone.europa.eu e https://ec.europa.eu/info/business-economy-euro/euro-area_en | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Os 20 países membros da zona euro son, dende 2023, Alemaña, Austria, Bélxica, Chipre, Croacia, Eslovaquia, Eslovenia, España, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Irlanda, Italia, Letonia,Lituania, Luxemburgo, Malta, Países Baixos e Portugal.[1]
Historia e características
editarA eurozona foi creada en 1999 por 11 países da Unión Europea, mais os billetes e moedas non comezaron a circular até o 1 de xaneiro de 2002. Posteriormente incorporáronse Grecia o 1 de xaneiro de 2001[2] (entrando en circulación xunto cos anteriores), Eslovenia o 1 de xaneiro de 2007,[3] Malta[4] e Chipre[5] o 1 de xaneiro de 2008, Eslovaquia o 1 de xaneiro do 2009,[6] Estonia o 1 de xaneiro de 2011[7], Letonia o 1 de xaneiro de 2014[8] e Lituania o 1 de xaneiro de 2015.[9] Respecto dos territorios dos Estados da Unión que non pertencen á propia UE, utilizan o euro as colectividades de ultramar francesas de Saint-Pierre-et-Miquelon, San Bartolomeu, as Terras Antárticas e Austrais Francesas e a illa de Clipperton, así como as bases soberanas británicas de Acrotiri e Dekhelia situadas na illa de Chipre.[10]
Ademais destes 20 países existen outros fóra da Unión Europea que tamén teñen o euro como moeda única. Entre eles están Mónaco, San Marino, Cidade do Vaticano (que emiten os seus propios euros grazas a que teñen acordos legais coa Unión Europea), Andorra (ten acordos legais coa Unión Europea pero non emite euros propios). Kosovo e Montenegro utilízana sen acordos legais coa Unión Europea.
Os países da Unión Europea que non están na eurozona pero teñen a obriga de adoptalo son Bulgaria, Suecia, Hungría, Polonia, República Checa e Romanía. Outros como Dinamarca gozan dunha cláusula de exclusión que lles permite continuaren a utilizar as súas moedas nacionais indefinidamente.[11]
Notas
editar- ↑ Comisión Europea (3 de outubro de 2022). "zona euro". https://ec.europa.eu/info/index_en. Consultado o 3 de outubro de 2022. Ligazón externa en
|páxina-web=
(Axuda) - ↑ Comisión Europea (1 de xaneiro 2002). "incorporación de Grecia a eurozona". Consultado o 10 de outubro de 2022.
- ↑ Comisión Europea (1 de xaneiro de 2007). "incorporación de Eslovenia a eurozona". Consultado o 2022.
- ↑ Comisión Europea (1 de xaneiro de 2008). "incorporación de Malta a eurozona". Consultado o 10 de outubro de 2022.
- ↑ Comisión Europea (1 de xaneiro de 2008). "incorporación de Chipre a eurozona". Consultado o 10 de outubro de 2022.
- ↑ "Slovakia and the euro". economy-finance.ec.europa.eu (en inglés). Consultado o 2023-01-13.
- ↑ Unión Europea (1 de xaneiro de 2011). "Incorporación de Estonia a eurozona". Consultado o 10 octubro de 2022.
- ↑ Union Eupopea (1 de xaneiro 2015). "Incorporación de Letonia a eurozona". Consultado o 10 de xaneiro 2022.
- ↑ Union Europea, ed. (1 de xaneiro de 2015). "Incorporación de Lituania a eurozona". Consultado o 10 de ouctubro de 2022.
- ↑ título= zona euro
- ↑ título= zona euro