Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                

Países Baixos

país de Europa

Os Países Baixos (en neerlandés: Nederland) é un dos países constituíntes do Reino dos Países Baixos que abrangue a súa parte europea e os municipios especiais de Bonaire, Saba e Santo Eustaquio. Localizado no noroeste de Europa, limita ó norte e ó oeste co mar do Norte, ó leste con Alemaña e ó sur con Bélxica. Aínda que Holanda é en orixe o nome de dúas das súas provincias, Holanda Setentrional e Holanda Meridional, nalgunhas linguas como é o caso do galego pasou a ser a forma popular de se referir a todo o país, en neerlandés pola contra Holland só se usa para se referir a esas dúas provincias.

Modelo:Xeografía políticaPaíses Baixos
Nederland (nl) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoHet Wilhelmus (10 de maio de 1932) Editar o valor en Wikidata

Lema«Je maintiendrai (en) Traducir» Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 52°19′N 5°33′L / 52.32, 5.55
EstadoReino dos Países Baixos Editar o valor en Wikidata
CapitalÁmsterdam Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación17.942.942 (2024) Editar o valor en Wikidata (480,04 hab./km²)
Lingua oficiallingua neerlandesa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie37.378 km² Editar o valor en Wikidata
Auga18,7 % Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar do Norte, IJsselmeer (pt) Traducir, Markermeer, Mar de Wadden, Mar Caribe e Gooimeer (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoMount Scenery (pt) Traducir (887 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoZuidplaspolder (−6,76 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación19 de xaneiro de 1795 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernoMonarquía parlamentaria
monarquía constitucional Editar o valor en Wikidata
• King of the Netherlands (en) Traducir Editar o valor en WikidataGuillerme Alexandre de Orange-Nassau (2013–) Editar o valor en Wikidata
Órgano executivoGoberno dos Países Baixos Editar o valor en Wikidata
• Primeiro ministro Editar o valor en WikidataDick Schoof (2024–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoEstados Xerais dos Países Baixos , Editar o valor en Wikidata
Máxima autoridade xudicialSupreme Court of the Netherlands (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal1.011.798.853.062 $ (2021) Editar o valor en Wikidata
Moedaeuro Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.nl e .frl (mul) Traducir Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+31 e +599 Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia112 e 911 Editar o valor en Wikidata
Código NUTSNL Editar o valor en Wikidata

Páxina webrijksoverheid.nl Editar o valor en Wikidata
Pinterest: visitholland BNE: XX451224 Editar o valor en Wikidata

O país é un dos máis densamente poboados do mundo, e tamén está entre os de altitude media máis baixa (un cuarto do seu territorio está baixo o nivel do mar, a quen foi gañado mediante a construción de diques). Os neerlandeses son coñecidos polos seus diques, os seus tulipáns, os seus muíños e a súa tolerancia social. As políticas liberais que rexen a súa actuación son frecuentemente mencionadas e usadas como exemplos nos demais países.

Politicamente o reino dos Países Baixos é unha monarquía constitucional e membro da Unión Europea. Ámsterdan é a capital constitucional e onde está a residencia oficial da raíña. A se do goberno e a residencia habitual da raíña, as embaixadas e o Tribunal Internacional de Xustiza teñen a súa sede na Haia.

Historia

editar
Artigo principal: Historia dos Países Baixos.
 
Retrato de Ámsterdan durante a idade de ouro neerlandesa.

No reinado de Carlos V, Sacro Emperador Romano e rei de España, a rexión era parte das Dezasete Provincias dos Países Baixos, abranguendo a maior parte do que hoxe é Bélxica. A proclamación da independencia (Unión de Utrecht, 1579; abdicación da soberanía española, 1581), no reinado de Filipe II, seguiu a guerra de independencia. A sinatura, baixo Filipe IV, do Tratado de Münster pon fin á Guerra dos Oitenta Anos. O imperio español recoñeceu a República Holandesa dos Países Baixos Unidos, gobernados pola casa de Orange-Nassau e os Estados Xerais, que anteriormente foran unha provincia do imperio español. Holanda tornouse así a primeira nación europea en asumir unha forma de goberno republicana.

Aínda que o novo Estado exercese autonomía apenas sobre as provincias do norte, a República das Sete Provincias Unidas dos Países Baixos desenvolveuse e tornouse unha das máis importantes potencias navais e económicas do século XVII. Neste período, coñecido coma a súa Idade de Ouro, os Países Baixos estenderon as súas redes comerciais por todo o planeta, estabelecendo colonias en lugares tan distantes coma Xava e o Nordeste brasileiro.

Eclipsada pola ascensión británica durante o século XVIII, a rexión foi máis tarde incorporada ó imperio francés baixo Napoleón Bonaparte. Mais no Congreso de Viena (1815), constituíuse o Reino dos Países Baixos, incluíndo os actuais Bélxica e Luxemburgo. Aquela conseguiu a súa independencia en 1830; este, que seguía regras sucesorias distintas, seguiu o seu propio camiño logo da morte do rei Guillerme III. Xa no século XIX, os Países Baixos industrializáronse máis lentamente do que o fixeron os países veciños.

Neutral na primeira guerra mundial, o país foi ocupado pola Alemaña nazi en maio de 1940, sendo liberado en 1945. Na posguerra, a economía ergueuse de novo, e o país ingresou en organizacións como o Benelux, a Comunidade Económica Europea e a Organización do Tratado do Atlántico Norte.

Seguindo, en Maastricht, a sinatura do Tratado da Unión Europea, o país foi un dos seus membros fundadores, e adheriuse ó euro en 1999, coas moedas e billetes circulando a partir de 2002.

Goberno e Política

editar
 
Binnenhof, centro da política neerlandesa

Os Países Baixos son unha monarquía constitucional dende 1815, antes república, de 1581 até 1806 (foi ocupada por Francia entre 1806 e 1815). A Guerra dos Oitenta Anos, entre 1568 e 1648, asegurou a independencia neerlandesa de España. Réxese de acordo ao Estatuto do Reino de 1954 e á Constitución de 1815, os cales foron reformados en innumerable cantidade de ocasións. O sufraxio universal masculino implantouse en 1917 e o feminino en 1919.

As súas políticas liberais chamaron a atención mundial particularmente na área de consumo de drogas, prostitución e eutanasia.[1] O país descríbese como un estado de consolidación político-social, chegando mesmo a proxectarse como un statu quo dos países do mundo. As políticas do seu goberno caracterízanse por un esforzo en alcanzar amplo consenso en decisións importantes, dentro da comunidade política e da sociedade na súa totalidade. O Estado ademais caracterízase política e socialmente por reformar institucións como a familia e permitir con iso a entrada de novas maneiras de convivencia social tales como o matrimonio do mesmo sexo, a prostitución, a clonación, a eutanasia e o utilización de drogas para uso lúdico.

O xefe de estado é, dende 2013, o Rei Guillerme Alexandre de Orange-Nassau, quen nomea formalmente os membros do goberno. Na práctica, unha vez coñecidos os resultados das eleccións parlamentarias, fórmase un goberno de coalición (nun proceso que pode demorar varios meses), tras o que o goberno constituído é oficialmente nomeado pola raíña. O xefe do goberno é o primeiro ministro ou Ministro Presidente, que é tamén, xeralmente, o líder do maior partido da coalición.

O parlamento consiste de dúas cámaras. As eleccións para os 150 membros da Cámara Baixa (Tweede Kamer, ou Segunda Cámara) ten lugar de catro en catro anos, ou a intervalos menores en caso de que Cámara Baixa aprobe unha moción de censura contra o goberno. O Senado, menos importante (Eerste Kamer, ou Primeira Cámara), escóllese de catro en catro anos despois das eleccións provinciais polos membros dos parlamentos provinciais elixidos recentemente. En conxunto, as dúas cámaras son coñecidas como os Staten Generaal, ou Estados Xerais. O poder xudicial é independente e a máis elevada instancia é o Tribunal Supremo, con sede na Haia, que xoga un papel determinante na unificación da doutrina xurídica[2].

A administración provincial é exercido polas Asembleas Provisionais, as cales tamén son elixidas por sufraxio directo.

Os analistas políticos consideran os Países Baixos un clásico exemplo dun estado constitucional. O país é sede do Tribunal Internacional de Xustiza.

Provincias e dependencias

editar
Artigo principal: Provincias dos Países Baixos.

Os Países Baixos están divididos en doce rexións administrativas, chamadas provincies (provincias), cada unha baixo o mandato dun gobernador chamado Commissaris van de Koningin (Comisario da Raíña), excepto na provincia de Limburgo onde o comisario se chama Gouverneur (Gobernador). Tódalas provincias están divididas en municipalidades (gemeenten), sendo en total 380 (1 de xaneiro de 2018). O país tamén está subdivido en distritos acuícolas, gobernado por unha Xunta da Auga (waterschap ou hoogheemraadschap), cada unha con autoridade en asuntos relacionados coa auga, habendo 21 a 17 de maio de 2018. A creación destas Xuntas da Auga é incluso anterior á da propia nación, xa que estas aparecen por primeira vez en 1196. De feito, as xuntas das augas neerlandesas son unhas das máis antigas entidades democráticas do mundo que aínda existen.

Provincias dos Países Baixos Band. Provincia Capital Cidade máis populosa Área (km²) Poboación[4] Densidade
(por km)
 
 
Brabante do Norte Den Bosch Eindhoven 5.099 2.434.744 477
 
Zelandia Middelburg Middelburg 2.934 380.897 130
 
Drenthe Assen Assen 2.680 489.695 183
 
Flevoland Lelystad Almere 2.412 383.496 159
 
Frisia Leeuwarden Leeuwarden 5.749 645.101 112
 
Groninga Groninga Groninga 2.960 574.481 194
 
Gueldria Arnhem Nimega 5.137 1.990.871 388
 
Holanda Meridional A Haia Rotterdam 3.419 3.477.876 1017
 
Holanda Setentrional Haarlem Ámsterdam 4.092 2.647.149 647
 
Limburgo Maastricht Maastricht 2.209 1.140.813 516
 
Overijssel Zwolle Enschede 3.421 1.125.108 329
 
Utrecht Utrecht Utrecht 1.449 1.210.761 836

Seis illas do Mar do Caribe pertencen ós Países Baixos, na forma das dependencias de Aruba e das Antillas Neerlandesas (Nederlandse Antillen), que agrupan as outras cinco.

Xeografía

editar
Artigo principal: Xeografía dos Países Baixos.
 
Paisaxe típica neerlandesa
 
Imaxe de satélite dos Países Baixos o 6 de maio de 2000.

O nome do país, Nederlanden ("Terras baixas"), débese a que unha parte do norte e oeste do territorio do país atópase por baixo do nivel do mar. Ao sueste do país se estenden os chamados Países Altos superiores, que se elevan un pouco por riba do nivel do mar.

Un complexo sistema de drenaxe de auga, cuxa construción se iniciou na época medieval, permitiu incrementar a superficie do país en máis dun 20%. Sen unha drenaxe constante a metade dos Países Baixos sería alagado polo mar e polos numerosos ríos que cruzan o seu territorio, como é o caso do Rin que desemboca en Rotterdam, o que fixo desta cidade o porto de maior tráfico de Europa. Xunto co Rin hai outros dous ríos máis que dividen ao país en dúas partes, estes son o río Mosa e o Waal. O punto máis alto do país atópase en Vaalserberg, na provincia de Limburgo e ten unha altitude de 321 metros sobre o nivel do mar.[5]

Plan Delta

editar

Durante a inundación de 1953 causada polo mar do Norte, a fenda nun dique causou a morte a 1.835 persoas, forzando a evacuación doutras 70.000, ademais de ser destruídas 4.500 edificacións. Para evitar que unha catástrofe así se repetise, un ambicioso proxecto foi posto en marcha, o Plan Delta (en neerlandés: Deltawerken) que uniu as desembocaduras do Rin e o Mosa. Todo este proxecto está considerado unha das sete marabillas do mundo moderno segundo a Sociedade Americana de enxeñeiros civís.

Ademais, os Países Baixos son un dos países que máis sofren o cambio climático. Non só son un problema as inundacións producidas polo mar, xa que un desbordamento dos ríos tamén podería ser moi perigoso.[6][7]

O bioma primixenio nos Países Baixos é o bosque amornado de frondosas. Segundo WWF, a práctica totalidade dos Países Baixos pertence á ecorrexión denominada bosque mixto atlántico, agás o extremo sueste, que corresponde ao bosque de frondosas de Europa occidental. O vento predominante é suroeste e causa un clima oceánico moderado con calorosos veráns e invernos suaves. As seguintes táboas están baseadas en resultados do instituto KNMI en De Bilt (Utrecht) entre 1971 e 2000:

Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Ano
Media temp. máxima (°C) 5,2 6,1 9,6 12,9 17,6 19,8 22,1 22,3 18,7 14,2 9,1 6,4 13,7
Media temp. mínima (°C) 0,0 -0,1 2,0 3,5 7,5 10,2 12,5 12,0 9,6 6,5 3,2 1,3 5,7
Media temperatura (°C) 2,8 3,0 5,8 8,3 12,7 15,2 17,4 17,2 14,2 10,3 6,2 4,0 9,8
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Ano
Med. precipitacións (mm) 67 48 65 45 62 72 70 58 72 77 81 77 793
Med. horas de sol 52 79 114 158 204 187 196 192 133 106 60 44 1524

Economía

editar
 
O máis longo dos trece diques do Plan Delta.
 
As bicicletas son un dos medios de transporte máis empregados no país.
Artigo principal: Economía dos Países Baixos.

Os Países Baixos son unha das maiores e máis desenvolvidas economías do mundo. No ano 2005 o seu PIB (Produto Interior Bruto) creceu un 1,5%, dando como resultado unha renda per cápita de 30.300 $dólares. O 79% da forza laboral traballa no sector servizos, un 17% traballa na industria, e tan só o 2% da forza laboral traballa no sector de agricultura. No ano 2005 a taxa de desemprego situouse no 6,6%, e a pobreza alcanzou ao 0,5% da poboación.[8]

A economía destaca polo seu alto grao de competitividade, situándose no oitavo posto da táboa mundial. O comercio representa máis do 80% do seu PIB e se sumamos as súas importacións e exportacións, a pesar de que a súa poboación ten un peso relativo do 0.22% na poboación mundial, o seu comercio equivale ao 4% do total. En 2006, o porto de Rotterdam era o sétimo colector máis grande en termos de TEU. No norte, preto de Slochteren está situado un dos campos de gas natural máis grandes do mundo.[9] Até agora a explotación deste campo deu un ingreso total de 159 mil millóns de euros dende mediados dos anos 1970. Cun pouco máis da metade das reservas consumidas e esperando unha subida continuada dos prezos do petróleo espéranse ingresos durante as próximas décadas.[10]

Turismo

editar

Ámsterdan é a capital do país e un dos destinos máis visitados polos turistas. Os lugares máis relevantes para visitar en Ámsterdan son o Museo van Gogh, o Rijksmuseum e a casa de Anne Frank. A poboación utiliza a bicicleta como medio de transporte preferente.

No resto do país os destinos máis frecuentes son A Haia, capital administrativa dos Países Bajos, Rotterdam co Europoort, o porto máis grande de Europa e segundo do mundo, Gouda co seu mercado de queixo que se celebra todos os xoves, Alkmaar tamén importante polos seus queixos, Maastricht, cidade máis antiga dos Países Baixos xunto con Nimega e as localidades de Lisse e Hillegom que posúen o Keukenhof, o famoso xardín neerlandés que posúe tipo de flores típicas, coma o tulipán, antigos muíños holandeses, lagos ou fontes. Tamén importantes son Delft, Haarlem, Utrecht ou Groninga.

Demografía

editar
Artigo principal: Demografía dos Países Baixos.
 
Densidade de poboación nos Países Baixos no 2006.
 
Evolución demográfica dos Países Baixos.

No ano 2007, os Países Baixos tiñan unha poboación de 16.570.000 habitantes e un PIB de 30.174 € per cápita. Con máis de 450 habitantes por quilómetro cadrado, é un dos países máis densamente poboados do mundo. Hai dúas linguas oficiais, ambas as dúas xermánicas, o neerlandés e o frisio, aínda que este só se usa na provincia setentrional da Frisia. Ademais están recoñecidas coma linguas minoritarias o baixo saxón e o limbúrxico.

A esperanza de vida é de 79,1 anos, o 99% da poboación esta alfabetizada e a media de fillos por muller é de 1,66. A maioría dos seus habitantes son descendentes dos francos, dos frisios e dos saxóns.

O goberno alentou a emigración despois da segunda guerra mundial xa que temía unha superpoboación do territorio. Preto de medio millón de persoas abandonaron o país, pero o número de inmigrantes provenientes principalmente das Indias Orientais, Turquía, Suriname, as Antillas Neerlandesas e Marrocos, superou o número de emigrantes.

A composición étnica actual é a seguinte:[11]

A maioría da poboación (63% en 1999) non se considera parte de igrexa ningunha. A minoría restante divídese principalmente entre o catolicismo, (18%), máis forte ó sur dos grandes ríos, e o protestantismo, ó norte (15%). A maior parte destes protestantes pertence á Igrexa Reformada Neerlandesa.

Talvez porque a súa guerra de independencia estivo intimamente relacionada cos conflitos relixiosos desencadeados pola Reforma, o país ten unha tradición de tolerancia e liberalidade. Mais recentemente, as políticas nacionais sobre drogas recreativas, prostitución, o matrimonio homosexual e a eutanasia atraen atención internacional; Ámsterdan tende a ser vista como unha cidade onde "se pode facer todo".

Urbanización

editar
 
Mapa esquemático do Randstad.

O país está densamente poboado, aínda que as cidades sexan modestas no tamaño comparado con outros países europeos ou mundiais. Aínda que non teñen un tamaño moi grande o seu grao de urbanización é moi alto. A capital e a cidade máis grande é Ámsterdan, aínda que o goberno está localizado en A Haia. Mentres que a capital xeralmente está definida como a cidade onde habita a sede do goberno, neste caso ninguén chamaría nunca á Haia como capital. De tódolos xeitos esta cidade é chamada tamén a "capital legal do mundo" ao posuír a Oficina Europea de Policía (Europol).

Randstad

editar
Artigo principal: Randstad.

O Randstad (do neerlandés rand: beira e stad: cidade) é o nome que recibe a maior conurbación dos Países Baixos, á súa vez unha das maiores de Europa.

Hai que distinguir entre a área metropolitana de Randstad, cunha poboación ao redor dos 6,5 millóns de habitantes (40% do total dos Países Baixos), e a Rexión de Randstad, (unha asociación socio-económica) que reúne uns 7,6 millóns de habitantes (case a metade da poboación do país).

Ambas as entidades esténdense polas provincias de Holanda Meridional, Holanda Setentrional, Utrecht e Flevoland.

Cidades máis habitadas

editar
Listaxe Cidade Provincia Pob. Listaxe Cidade Provincia Listaxe
 
Ámsterdan
 
Rotterdam
1 Ámsterdan Holanda Setentrional 739.290 11 Arnhem Gueldria 140.780
2 Rotterdam Holanda Meridional 539.650 12 Breda Brabante do Norte 139.810
3 A Haia Holanda Meridional 473.940 13 Apeldoorn Gueldria 136.510
4 Utrecht Utrecht 255.200 14 Enschede Overijssel 132.560
5 Eindhoven Brabante do Norte 209.700 15 Amersfoort Utrecht 126.750
6 Almere Flevoland 185.430 16 Dordrecht Holanda Meridional 118.540
7 Tilburg Brabante do Norte 182,150 17 Zoetermeer Holanda Meridional 118.020
8 Groninga Groninga 166.120 18 Leiden Holanda Meridional 117.480
9 Nimega Gueldria 151.030 19 Maastricht Limburgo 116.200
10 Haarlem Holanda Setentrional 146.960 20 Zwolle Overijssel 102.220
Censo 2008

Cultura

editar
Artigo principal: Cultura dos Países Baixos.
 
Erasmo de Rotterdam, retratado por Hans Holbein o Novo.

Durante o período gótico e renacentista os Países Baixos comezaron a experimentar un desenvolvemento artístico notable, sobre todo en pintura. No plano intelectual, Erasmo de Rotterdam, nacido nos Países Baixos tivo grande influencia na vida cultural do seu país e de Europa durante o século XVI. Posteriormente e na súa honra outórgase desde 1958 o Premio Erasmus no campo das humanidades, ciencias sociais e as artes.

No século XVII, durante o período que se coñece como a «Idade de Ouro neerlandesa», a influencia cultural do país tivo a súa cúspide. Entre as figuras neerlandesas máis notorias desa época estaban Christiaan Huygens e Baruch Spinoza. Ademais, había estranxeiros que vivían no país grazas ao seu ambiente de tolerancia, como o francés René Descartes ou o inglés John Locke.

O país é coñecido popularmente polos seus muíños de vento, zapatos de madeira, tulipáns, bicicletas e tolerancia social. Réplicas de lugares neerlandeses atópanse na Vila Holandesa de Nagasaki no Xapón. Unha vila holandesa semellante está sendo construída en Shenyang, China. No Brasil, no interior do estado de São Paulo, está a cidade de Holambra, bautizada así en homenaxe aos inmigrantes neerlandeses.

Pintura

editar

Os Países Baixos teñen unha gran tradición pictórica. A pintura barroca holandesa é burguesa, dominando os temas de paisaxe, retratos e vida cotiá, coa figura de Rembrandt como o seu mellor expoñente. Nesta "Idade de Ouro neerlandesa" do século XVII tamén destacaron Johannes Vermeer, Frans Hals e anteriormente Hieronymus Bosch. En séculos máis recentes, o país produciu pintores notables como Vincent van Gogh ou Piet Mondrian. Tamén está Maurits Escher, un coñecido artista gráfico.

A abstracción de Mondrian elaborouse a partir da retícula cubista, á que progresivamente reduciu a trazos horizontais e verticais que encerran planos de cor pura. Polo seu simplificación, a linguaxe do neoplasticismo (véxase De Stijl). No período de entreguerras, Theo van Doesburg, despois de ser un dos principais defensores do neoplasticismo, renovou de maneira decisiva a arte abstracta ao manter que a creación artística só debía estar sometida a regras controlables e lóxicas.

Gastronomía

editar
 
Un Erwtensoep (sopa de chícharos) en proceso de elaboración, é o prato nacional.

A cociña caracterízase polo consumo en grandes cantidades de pan e patacas. É moi popular unha torrada redonda untada con manteiga: o beschuit, que se adoita comer como almorzo con diferentes sabores ou en diferentes celebracións. Tamén é famoso un dos pratos nacionais, o Erwtensoep que basicamente é unha sopa de chícharos.

Son populares os queixos, entre os que destacan o gouda, o edam e o leyden. Moitas das cidades no leste teñen os seus propios queixos, algúns deles distinguibles só polo sabor e pola súa aparencia exterior.

Pero como en tódolos países europeos as diferenzas rexionais fanse patentes e cada rexión ten os seus pratos típicos. O norte, protestante, ten outra forma de ver a vida que o sur, católico; e iso vese tamén nas súas influencias gastronómicas.

Lingua

editar
Artigo principal: Lingua neerlandesa.

No país, a maioría da poboación fala a lingua neerlandesa, mais tamén están recoñecidas outras linguas e dialectos rexionais. As linguas oficiais son o neerlandés, coñecida por tódolos habitantes dos Países Baixos, Flandres e Suriname e a lingua frisoa, que é co-oficial na provincia de Frisia, está lingua é falada por 453.000 persoas.[12]

Outras linguas utilizadas son os do baixo saxón, usados na parte nordeste do estado, e recoñecidos polos neerlandeses como linguas rexionais de acordo á Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias. Utilízano 1.798.000 persoas. Outra lingua utilizada é a lingua limburguesa, que se fala no sueste da provincia de Limburgo por 825.000 persoas.[13]

Cómpre destacar que é tradicional no país coñecer outras linguas, o 70% da poboación dá falado inglés, entre o 55 e o 59% sabe alemán e sobre o 19% controla o idioma francés.[14]

Festivos

editar
Data Nome Nome en galego Observacións
1 de xaneiro Nieuwjaar Día de aninovo  
Marzo/abril Pasen Pascua Nos Países Baixos celébranse dous días de Pascua.
30 de abril Koninginnedag Día da Raíña En orixe era festexado no aniversario da raíña,
trocouse logo para o aniversario de falecemento da Raíña-Nai Xuliana.
4 de maio Dodenherdenking Lembranza dos mortos Este día é dedicado á memoria dos mortos durante a segunda guerra mundial.
O significado deste día ampliouse ás persoas mortas en misións das Nacións Unidas.
5 de maio Bevrijdingsdag Día da Liberación Celebración da capitulación alemá na segunda guerra mundial.
40 días despois da Pascua Hemelvaartsdag Día da Ascensión  
7 semanas despois da Pascua Pinksteren Pentecoste Os neerlandeses celebran dous días de Pentecoste.
5 de decembro Sinterklaas Noite de San Nicolao Precursor do Papá Noel, Sinterklaas da regalos ós cativos.
25 de decembro,
26 de decembro
Kerstmis Nadal Os neerlandeses celebran dous días de Nadal:
o primeiro (Eerste Kerstdag) e o segundo (Tweede Kerstdag).
  1. Fuxindo da morte
  2. "Portal Europeu da Justiça - Sistemas judiciais". e-justice.europa.eu. Consultado o 2021-03-19. 
  3. "Regionale Kerncijfers Nederland" (en Dutch). Statistics Netherlands. 2007. Consultado o 2007-10-13. 
  4. "Bevolking per regio naar leeftijd, geslacht en burgerlijke staat" (en Dutch). Statistics Netherlands. 2007. Consultado o 2007-10-13. 
  5. Extreme points of the Netherlands (en inglés)
  6. Netherlands relinquishes some of itself to the waters (en inglés)
  7. Floods, flood management and climate change in The Netherlands Arquivado 22 de febreiro de 2008 en Wayback Machine. (en inglés)
  8. "Datos recompilados pola CIA (Economía)". Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2020. Consultado o 08 de xuño de 2009. 
  9. Port of Rotterdam - Home Arquivado 15 de abril de 2009 en Wayback Machine., portofrotterdam.com
  10. Aardgas als smeerolie
  11. Demografie van de allochtonen in Nederland Arquivado 09 de outubro de 2018 en Wayback Machine. (en neerlandés).
  12. CIA World Factbook: Official languages per country Arquivado 07 de marzo de 2014 en Wayback Machine., cia.gov, Consultado o 17 de setembro de 2008
  13. Welschen, Ad: Course Dutch Society and Culture, International School for Humanities and Social Studies ISHSS, Universiteit van Amsterdam, 2000-2005.
  14. "Why Do People Learn Foreign Languages?" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de outubro de 2007. Consultado o 27 de febreiro de 2009. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar