Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                

's-Hertogenbosch (Bosque do Duque en neerlandés, en francés Bois-le-Duc; en alemán: Herzogenbusch e en latín: Silva Ducis o Buscum Ducis) ou Den Bosch (O Bosque) é unha cidade dos Países Baixos, capital da provincia de Brabante do Norte, situada a uns 80 km ao sur de Ámsterdan. En 2008 contaba con 137 777 habitantes e en xaneiro de 2019 con 154.205.[1]

Modelo:Xeografía política's-Hertogenbosch
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 51°42′00″N 5°19′00″L / 51.7, 5.3167
EstadoReino dos Países Baixos
PaísPaíses Baixos
ProvinciasBrabante do Norte
Concello's-Hertogenbosch (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación158.753 (2023) Editar o valor en Wikidata (2.668,12 hab./km²)
Xeografía
Superficie59,5 km² Editar o valor en Wikidata
Auga7,99 % Editar o valor en Wikidata
Bañado porDieze, Rio Dommel (pt) Traducir e Rio Aa (Mosa) (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude6 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Creación1185 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Evento clave
27 de novembro de 1601Siege of 's-Hertogenbosch (en) Traducir
14 de setembro de 1629Siege of 's-Hertogenbosch (en) Traducir
1794Siege of 's-Hertogenbosch (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal5200–5249 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico073 Editar o valor en Wikidata
Código BAG1595 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Focșani (pt) Traducir
Tréveris
Lovaina (1984–) Editar o valor en Wikidata

Páxina webs-hertogenbosch.nl Editar o valor en Wikidata
BNE: XX456682

É unha das máis antigas cidades medievais dos Países Baixos. Segundo a tradición fundouna en 1185 o duque Henrique I de Brabante, na confluencia dos ríos Aa e Dommel, que actualmente conflúen preto da cidadela da cidade.

Historia

editar
 
Casa do Concello.
 
Catedral de San Xoán.

Den Bosch foi fundada como cidade dende Orthen, un dominio vello dos duques de Lovaina (na actual Bélxica). Probablemente, neste lugar xa se formou antes unha localidade comercial, cousa pouco habitual xa que normalmente naqueles tempos as localidades eran fundadas ao redor dun convento ou como colonia agraria. Algunhas décadas despois da fundación desta localidade, o duque Henrique I de Brabante outorgoulle os dereitos de cidade, probablemente entre 1185 e 1196, sendo por primeira vez nomeada nun documento de 1196. Naquel tempo non era tan usual anotar aqueles dereitos explicitamente, e moitas outras localidades nos Países Baixos copiárono despois do exemplo de Den Bosch.

A cidade levou inmediatamente o carácter dunha fortificación, non só para defender aos seus habitantes, senón porque tamén ao ser cidade máis setentrional do Brabante estaba situada nunha posición moi estratéxica como defensa e base de saída contra os ducados de Gueldria e Holanda. Os restos da primeira fortificación, que rodeaban unha superficie non máis grande que a do mercado, son aínda visibles nalgúns lugares: "De waterpoort" (a porta da auga) por onde a ría Dieze entraba a cidade, forma o resto máis grande. Tamén quedan restos en pé de "De Leuvense Poort" (a porta de Lovaina). A construción do muro comezou moi pronto despois da fundación da cidade e foi terminada en 1255. En 1203 a cidade foi asaltada por unha expedición de tropas de Gueldria e Holanda, sendo queimada enteira.

Den Bosch converteuse despois de Lovaina, Bruxelas e Anveres na cuarta capital do Ducado de Brabante, e gobernaba "De Meierij", a actual parte oriental da provincia Brabante do Norte nos Países Baixos. A cidade creceu tan rapidamente a consecuencia do comercio e a industria, que xa dende 1318 se comezou coa construción dunha segunda fortificación ao redor das novamente escavadas correntes dos ríos Aa e Dommel. Así se creou o que agora é o centro da cidade. Pero isto non foi tan sinxelo, para defender o novo territorio da cidade contra somerxer da auga, o terreo tiña que elevarse (a expensas dos cidadáns). A construción acabou despois de cincuenta anos de traballo, medrando a cidade 100 hectáreas. Máis tarde foron engadidos dous pequenos terreos: a extensión de "De Vugtherdijk" (8 hectáreas) ao final do século XIV e a extensión á beira de "Het Hinthamereinde" (4,5 hectáreas) ao redor do ano 1540.

Den Bosch na actualidade

editar
 
Praza do Mercado

A cidade de Den Bosch converteuse nun centro da industria, educación, administración e cultura. Na actualidade é a cuarta cidade do Brabante do Norte (tras Eindhoven, Tilburg e Breda). É fogar de moitas empresas nacionais e internacionais de renome como Heineken, Tyco International ou moitas outras. Como centro cultural, é tamén o fogar dunha gran variedade de eventos como o festival de teatro Boulevard, Jazz in Duketown, o comezo do Tour de Francia (1996), Tour Feminino (1997), o Concurso Internacional de Canto e o torneo de tenis Open Ordina (na cidade próxima de Rosmalen). Na cidade hai máis de 350 restaurantes, pubs e cafés.

En canto ao deporte a cidade ten un club de fútbol, o FC Den Bosch, de hóckey, o HC Dean Bosch, de baloncesto EiffelTowers Den Bosch e campión nacional de rugby en 2008, The Dukes.

Núcleos de poboación

editar

Bokhoven, Crevecoeur, Deuteren (antiga vila), Dieskant, Empel, Engelen, Gewande, 's-Hertogenbosch, Hintham, Kruisstraat, Maliskamp, Meerwijk, Orthen (antiga vila), Oud-Empel e Rosmalen.

Transporte

editar

Den Bosch conta con dúas estacións de ferrocarrís: 's-Hertogenbosch e 's-Hertogenbosch Oost. É preciso destacar que a cidade ten conexións ferroviarias con Focşani en Romanía.

Museos da cidade

editar
 
Hieronymus Bosch, O Bosco
  • Museo de arqueoloxía e paleontoloxía Hertogsgemaal
  • Bossche Prentenmuseum
  • Casa dos Irmáns Zwanen
  • Museo De Bouwloods
  • Museo Gemaal Caners
  • Museo Slager
  • Museo de Brabante do Norte
  • Het Oeteldonks Gemintemuzejum
  • Museo Estatal de Den Bosch
  • Centro Artístico Hieronymus Bosch (O Bosco)

Entroido

editar
 
Peer van den Muggenheuvel tot den Bobberd.

Unha vez ao ano, Den Bosch cambia o seu nome polo de "Oeteldonk" (ra do outeiro). Este troco só dura para os tres días de entroido, unha fiesta católica para celebrar o día antes da coresma. O alcalde deixa entón as súas función en mans de "Peer van den Muggenheuvel tot den Bobberd" durante os tres días do festival. "Peer van den Muggenheuvel tot den Bobberd" é o anfitrión do Príncipe Carnaval, "Prins Amadeiro XVV" cando visita Oeteldonk

Cidades irmandadas

editar
  1. "Bevolkingsontwikkeling; regio per maand". opendata.cbs.nl (en neerlandés). 29-5-2020. Consultado o 14-6-2020. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar