Reino dos Países Baixos
O Reino dos Países Baixos é un Estado soberano composto por catro nacións constituíntes, os Países Baixos, Aruba, Curaçao e Sint Maarten.
Koninkrijk der Nederlanden (nl) | |||||
Himno | Het Wilhelmus | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Je maintiendrai» | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Ámsterdam | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 17.100.715 (2013) (405,22 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua neerlandesa | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 42.201 km² | ||||
Punto máis alto | Mount Scenery (pt) (887 m) | ||||
Punto máis baixo | Zuidplaspolder (−7 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Cronoloxía | |||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | monarquía constitucional | ||||
• King of the Netherlands (en) | Guillerme Alexandre de Orange-Nassau (2013–) | ||||
• Primeiro ministro | Mark Rutte (2010–) | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 830.572.618.850 | ||||
Moeda | euro | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | Zona horario do Atlántico (→ Caribe neerlandês (pt) ) Tempo central europeo (→ Países Baixos Europeus (pt) ) Europe/Amsterdam (en) | ||||
Dominio de primeiro nivel | .nl | ||||
Prefixo telefónico | +31 | ||||
Teléfono de emerxencia | 112 | ||||
Código de país | NL | ||||
Páxina web | rijksoverheid.nl |
O Estatuto do Reino dos Países Baixos, data de 1954, determina os asuntos xestionados polo Reino. O monarca do Reino é tamén o monarca de cada un dos países. O monarca encabeza o consello rexente executivo do Reino e de cada un dos países, sendo representado por gobernadores nas illas do Caribe. Os asuntos xestionados polo reino son os relacionados coa defensa, as relacións internacionais, a cidadanía e a extradición. Outros asuntos son delegados nos gobernos nacionais.
O Estatuto do Reino puxo fin á relación colonial entre os Países Baixos por unha banda e as Antillas Neerlandesas e o Suriname pola outra. O 25 de novembro de 1975, o Suriname converteuse en país independente e en 1986 Aruba obtivo un Estatuto separado das restantes illas das Antillas Holandesas, que se disolveron en 2010.
A montaña máis alto do Reino é o Monte Scenery (862 m) na pequena illa de Saba, nas Antillas Holandesas.
Constitución
editarO Reino dos Países Baixos está rexido polo Estatuto para o Reino dos Países Baixos, o que se aplica en calquera parte do reino.
Cada un dos catro países membros ten a súa propia constitución, polo que existen catro constitucións: Constitución dos Países Baixos (Grondwet van het Koninkrijk der Nederlanden), Constitución de Curaçao (Staatsregeling van Curaçao), a Constitución de Sint Maarten (Staatsregeling van Sint Maarten) e a Constitución de Aruba (Staatsregeling van Aruba). Cada un dos catro territorios ten tamén a súa propia administración, o seu propio parlamento, e a súa propia cidadanía e xuntos forman un arranxo sui generis que ten as características dun Estado federal, dunha confederación, dunha federación e dunha unión cun monarca como o xefe de estado, representado separadamente por gobernadores. As institucións do Reino atópanse na súa maior parte nos Países Baixos, cunha representación (o Gobernador de Aruba, o Gobernador de Curaçao, o Gobernador de Sint Maarten e un representante do estado neerlandés nos territorios de ultramar.
Goberno
editarO Estatuto do Reino dos Países Baixos decide que se considera asunto do reino e que órgano debe encargarse de devandito asunto.
Asuntos
editarOs asuntos do reino inclúen:
Administración
editarO monarca, xunto co consello de ministros (Rijksministerraad), ten a administración do reino. O consello de ministros está constituído polo consello de miinistros dos Países Baixos e dous ministros representantes das illas caribeñas.
As leis aplicables dentro do reino coñécense como Leis do Reino (Rijkswetten).
O monarca é o xefe de estado do reino. Como reside nos Países Baixos, desígnanse dous gobernadores como representantes da casa real ante os gobernos das illas.
Historia
editarAntes de 1830 (formalmente, 1839) o Reino Unido dos Países Baixos incluía tamén a Bélxica.
Antes de 1954, Suriname, Curaçao e as demais dependencias eran colonias dos Países Baixos. A partir dese ano, as relacións entre os Países Baixos, Suriname e Curaçao foron moi tensas. Suriname e as Antillas Neerlandesas obtiveron o status de país, o que lles daba certa autonomía nos seus asuntos internos con respecto á metrópole. Foi así como polo novo estatuto os Países Baixos entregaban parte da súa soberanía ao reino dos Países Baixos, en materia de asuntos estranxeiros e de cidadanía.
En 1975, Suriname converteuse nunha república independente, segregándose completamente do Reino. En 1986, Aruba, ata entón parte das Antillas Neerlandesas, conseguiu converterse nun novo estado autónomo, aínda que continuou a ser parte do reino.
En outubro de 2010 disolvéronse as Antillas Neerlandesas e Curaçao e Sint Maarten accederon á autonomía ese ano.
Poboación, áreas e densidade
editarPaís | N.° de habitantes | Área | Densidade | Moeda | |
---|---|---|---|---|---|
Países Baixos | 16 770 000 (xaneiro de 2014) | 41 526 km² | 393 hab./km² | Euro (EUR) e dólar estadounidense (USD)[1] | |
Curaçao | 141 766 (2009) | 444 km² | 319 hab./km² | Florín antillano neerlandés (ANG) | |
Aruba | 103 065 (2010) | 193 km² | 534 hab./km² | Florín de Aruba (AWG) | |
Sint Maarten | 40 917 (2010) | 34 km² | 1 203 hab./km² | Florín antillano neerlandés (ANG) |