Provincias dos Países Baixos
Unha Provincia Neerlandesa representa a capa administrativa entre o goberno estatal e os concellos, con responsabilidades en asuntos de importancia rexional ou subnacional. O goberno de cada provincia conta de tres partes principais: o Provinciale Staten que é o parlamento provincial elixido cada catro anos, os membros electos desta institución máis tarde elixen o Gedeputeerde Staten, que é o consello coa maioría das tarefas excutivas, presidido polo Commissarios van de Koningin (Comisario do Reino), nomeado pola Coroa.
División
editarHoxe en día os Países Baixos están divididos en doce provincias (provincies en neerlandés).
As doce provincias están listadas a continuación:
|
Historia
editarCase tódalas provincias neerlandesas teñen a súa orixe no estado medieval, ben coma condado ou ben coma un ducado, ao igual que en Bélxica. A súa situación trocou o seu status e chegaron estar baixo unha soa administración central, relegando os estados a provincias, dezasete en total. A partir destes Países Baixos unificados, no século XVII sete provincias do norte formaron a República das Sete Provincias Unidas, é dicir Holanda, Zelandia, Gueldria, Utrecht, Frisia, Overijssel e Groninga. As terras da república tamén incluían a Drenthe (unha das dezasete, mais sen o mesmo status autónomo que as outras), e partes do Brabante, Limburgo e Flandres, que eran considerados coma "terras conquistadas" e eran gobernadas directamente polo Staten-Generaal, o parlamento, polo que eran chamadas Terras da Xeneralidade, e foron chamados Staats-Brabant, Staats-Limburg e Staats-Vlaanderen, que significa "do Estado". Cada un destes "Países Baixos" tiña un certo grao de autonomía e cooperaban entre si sobre todo en defensa e no plano internacional en xeral, mais mantendo os seus propios asuntos noutros lugares.
O 1 de xaneiro de 1796, durante a República Bátava, Drenthe e Staats-Brabant convertéronse na oitava e novena provincias dos Países Baixos, está última coñecida como Bataafs Bravant, Brabante Bátavo, trocando o seu nome a Brabante do Norte en 1815 cando pasaron a formar parte do Reino Unido dos Países Baixos, que tamén contiña o entón Brabante do Sur, unha provincia belga. En 1839, coa independencia de Bélxica, a provincia orixinal Limburgo foi divida en dúas terras entre os dous países, así que hoxe en día cada un ten unha provincia chamada Limburgo. Un ano despois, Holanda, a máis grande e poboada provincia neerlandesa dividiuse en dúas, para chegar a un total de once. O doceavo membro foi Flevoland, unha provincia que é practicamente todo terra recuperada ao mar, estabelecida o 1 de xaneiro de 1986.
Os Departamentos do Período Francés
editarDurante a República Bátava os Países Baixos foron completamente reorganizados en oito novos departamentos entre 1798 e 1801, a maioría nomeados co nome de ríos, inspirados polo exemplo de Francia, nunha tentativa de acabar co antigo status autónomo provincial.
Nome galego | Nome neerlandés | Capital | Contidas nos territorio de |
---|---|---|---|
Departamento do Ems | Departement van de Eems | Leeuwarden | Norte de Frisia, Groninga |
Departamento do Vello IJssel | Departement van de Oude IJssel | Zwolle | Sur de Frisia, Drenthe, Overijssel, Norte de Gueldria |
Department do Rin | Departement van de Rijn | Arnhem | Gueldria Central, Utrecht Leste |
Departamento do Amstel | Departement van de Amstel | Ámsterdam | Área arredor de Ámsterdan |
Departamento de Texel | Departement van Texel | Alkmaar | Holanda Setentrional menos Ámsterdan, noroeste de Utrecht |
Departmento do Delft | Departement van de Delft | Delft | Holanda Meridional até o Mosa, suroeste de Utrecht |
Departmento do Dommel | Departement van de Dommel | 's-Hertogenbosch | Parte leste do Brabante Bátavo, sur de Gueldria |
Departmento do Escalda e Mosa | Departement van de Schelde en Maas | Middelburg | Zelandia, Holanda Meriodional do Mosa e a parte oeste do Brabante Bátavo |
Despois de só tres anos, a raíz dun golpe de Estado, as fronteiras das antigas provincias foron restauradas, aínda que non os seus status de autonomía. Foron tamén chamadas "departamentos" e engadiuse e Drenthe foi engadido en Overijssel. En 1806 o Reino dos Países Baixos substituíu a república para promover os intereses franceses. Foi durante esta administración que Holanda se divide en dous, co departamento de Amstelland ao norte e o de Maasland ao sur. Frisia Oriental, entón como agora en Alemaña, foi engadida ao reino coma departamento en 1807 e Drenthe separouse de novo, facendo en total once departamentos.
Cando finalmente os Países Baixos se fixeron plenamente parte de Francia en 1810, os departamentos do reino e ás súas fronteiras mantivéronse en grande medida, con algunhas unidas. Porén, foron case todas nomeadas de novo, principalmente polos ríos de novo, pero con nomes diferentes á época bátava.
Nome galego | Nome francés | Nome neerlandés | Provincias modernas |
---|---|---|---|
Departamento do Zuiderzee | Département du Zuyderzée | Departement van de Zuiderzee | Holanda Setentrional e Utrecht |
Departamento da Foz do Mosa | Département des Bouches-de-la-Meuse | Departement van de Monden van de Maas | Holanda Meridional |
Departamento da Foz do Escalda | Département des Bouches-de-l'Escaut | Departement van de Monden van de Schelde | Zelandia |
Departamento dos Dous Nethen | Département des Deux-Nèthes | Departement van de Twee Nethen | Oeste do Brabante Norte e Anveres |
Departamento da Foz do Rin | Département des Bouches-du-Rhin | Departement van de Monden van de Rijn | Leste do Brabante Norte e sur de Gueldria |
Departamento do IJssel Superior | Département de l'Yssel-Supérieur | Departement van de Boven IJssel | Norte de Gueldria |
Departamento da Foz do IJssel | Département des Bouches-de-l'Yssel | Departement van de Monden van de IJssel | Overijssel |
Departamento de Frisia | Département de la Frise | Departement Friesland | Frisia |
Departamento do Ems Occidental | Département de l'Ems-Occidental | Departement van de Wester Eems | Groninga e Drenthe |
Departamento do Ems Oriental | Département de l'Ems-Oriental | Departement van de Ooster Eems | Frisia Oriental |
Coa derrota e retirada dos franceses en 1813, as antigas provincias e os seus nomes volvéronse a estabelecer, Holanda xuntouse de novo e a Frisia Oriental separouse. As dezasete provincias do Reino Unido dos Países Baixos foron en parte baseados nos antigos departamentos franceses e as súas fronteiras, en particular do que máis tarde se convertería en Bélxica.
Notas
editar- ↑ "Regionale Kerncijfers Nederland" (en Dutch). Statistics Netherlands. 2007. Consultado o 2007-10-13.
- ↑ "Bevolking per regio naar leeftijd, geslacht en burgerlijke staat" (en Dutch). Statistics Netherlands. 2007. Consultado o 2007-10-13.